Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos meniños soldados
Dóeme África dende que perdín a inocencia das películas de Tarzán.
Dóeme e sinto a punzada no máis fondo de min. Nótoo nese regueiro de xente que intenta fuxir dela acotío polos medios maís diversos na procura dun soño que non existe.
Dóeme esa África das guerras infinitas onde moitas veces os soldados son meniños.

Unha cita de Ébano, de Ryszard Kapuscinski:

"En África os cativos levan anos, moitos, moito tempo, matando a outros, en masa. A dicir verdade, as guerras que se libran neste continente son guerras de nenos"

Arrepíame pensar que poida existir un meniño obrigado a empuñar unha arma nunha guerra que non comprende nin vai comprender nunca, se é que sobrevive.

Outra cita do mesmo libro:

"Son guerras de choque directo, de contacto físico (...) os pequenos dispáranse a queimarroupa, a un paso uns dos outros. Os efectos son aterradores. Morren os que caen fulminados no campo de batalla e axiña acaban morrendo tamén os feridos: de hemorraxias, de infeccións e por falla de medicinas.?

Non son capaz de concibir un pesadelo desas características, un mal soño tan arrepiante.

O mundo non vale para nada!
Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 28-01-2009 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Son nenos que nunca foron nenos, e dificilmente chegarán a adultos. Son nenos que crecen obsesionados polo odio ao represor, ao invasor; que desexan ter a idade suficiente para axudar aos pais nas guerras, para poder facer patria, para facela matando ao inimigo, para converterse en herois, para facer o único que poden facer nese ambiente hostil. Este verán no pobo #blgtk08#tivemos a un rapaz saharaui, e falaba nestes termos, en serio, cando sexa maior quere matar como fai agora o seu pai, loitar pola liberación do pobo saharaui, por medio das armas, que é o único xeito que teñen, ou que lles deixan. Horrible escoitar estas cousas dun neno que pasou un verán feliz, en liberdade, xogando, sendo un neno máis, un neno que xogaba en paz.
Comentario por Eva Lozano (29-01-2009 00:16)
2 Eu fun neno que xogou, que riu a gargalladas, que amou se se sentiu #blgtk08#amado.
Canta sorte tiven de nacer en Ferrol e non en África!
Comentario por xesusconstela (29-01-2009 22:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0