Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Interesantes preguntas
Na súa bitácora Ferradura en tránsito formula X.M. Eyré varias interesantes preguntas:
Que é a literatura galega?
Que é a literatura?
Esta última arranca dun parágrafo do meu Shakespaare destilado:

"Todo apunta a que as letras, meu, as palabras, non están escritas senón vomitadas. Vomitadas?, pregunteille eu ao Willy. Como que vomitadas? Si señor. Vomitadas, devoltas, trousadas. Chámalle como queiras." (páx 113)

É a literatura unha vomitona?
Poderá ser a literatura unha borracheira?





Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-01-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Ben é certo que o escritor vomita as palabras que lle saen de dentro coa urxencia do acto fisiolóxico, e que o resultado acostuma a ser, á fin, unha especie de obr#blgtk08#a allea, feita por alguén que convive con nós sen deixarse ver, que dicta sen ser oído e dorme case todo o tempo. ¿E se é el quen vomita, quen agarra as "curdas"?
Comentario por Eva Lozano (28-01-2009 16:36)
2 Remítote ao comentario que deixei no blog de Eyr#blgtk08#é. Tes o enlace na Sala de Visitas, á esquerda.
Comentario por xesusconstela (28-01-2009 17:09)
3 Tomemos como punto de partida o acto mesmo da vomitona (perdón pola escatoloxía). Primeiro un individuo come (enténdase o propio acto de meter alimentos na boca), logo mastiga e despois comeza unha repousada dixestión. Entón nun intre determinado, sen que o individuo saiba moi ben por que, o bolo alimenticio mesturado cos seus propios xugos gástricos, pide permiso para saír, ou sae directamente sen permiso nin nada que se lle pareza. O individuo abre a boca e trousa. O manancial comeza.
Non creo que a creación literaria sexa moi diferente, agás o compoñente escatolóxico, polo que volvo pedir desculpas.
O autor enchóupase de realidade e ponse a mastigala, deseguido mestúraa, ás veces de xeito completamente inconsciente, cos seus propios fluídos internos (ácedos cor#blgtk08#rosivos, bile?) e por fin, nun intre determinado, ás veces consciente porque mete os dedos até a gorxa para que todo saia antes de que veña unha úlcera que o imposibilite para escribir máis, e bótao todo para fóra. É un momento intermedio, se se me permite, entre a trousada, polo feito en si da vomitona, que ás veces deixa manchas na roupa e esas cousas, e a exaculación, por iso de que hai un compoñente de pracer.
Agora ben o bo. O que diferencia o asunto dunha vomitona común: o autor, coma e fose un adiviño, un meigo, un mago, recolle o produto do chan e reinterprétao até que queda do seu gusto.
E tes razón. É mellor automedicarse e deixar a literatura ao alcance dos cativos. Que se enchoupen dela, carallo, que é unha das maiores eivas do noso sistema educativo!
Comentario por xesusconstela (28-01-2009 17:28)
4 Boa descrición. A literatura vén sendo, entón, algo moi semellante aos soños, pero coa consciencia controladora que os pode retocar e darlle un senso, ou non, para chegar ao lector. O dos cativos sigo pensando que depende dos pais ou tutores a tarefa de que lean máis ou menos. Na escola xa lles mandan ler, e estudar, e deberes, e traballos... É na casa onde temos que inculcarlles o amor pola lectura. A min normalmente non me gustan moito os libros que lle mand#blgtk08#an ler á miña filla na clase, pero ela le aqueles libros mentres le os que elixe, os que lle compramos, os que lle regalan... Igual en castelán, que en catalán, que en galego. Un xeito tamén de aprender a escribir mellor nas súas linguas. A literatura é moi útil para moitas cousas, e os nenos len cando ven que nós lemos, cando estamos pendentes de que lean, cando lles presentamos a lectura coma unha fonte de pracer inesgotable e non coma unha obriga da escola.
Comentario por Eva Lozano (28-01-2009 18:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0