Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

LÉOPOLD SENGHOR. Os meus pés en África
Hoxe quixen sentir os meus pés pousados en África.
Vou deixar caer, así coma quen non quere a cousa, unha manchea de versos do poeta senegalés Léopold Sédar Senghor, tal como caen as follas das árbores cando brúa o temporal.

"Falabamos de África.
Un vento quente traía a súa esencia máis cálida de femia negra...
"

Senghor foi o gran poeta da negritude, da rebeldía contra a colonización e a escravitude, da loita contra o sentimento de exilio e desamparo, do canto á herdanza dos devanceiros e ás tradicións ancestrais.

?Loados sexades, meus pais, loados sexades!
Vós que permitistes desprezos e burlas, as ofensas corteses, as alusións discretas
e as prohibicións e as segregació
ns?,

?Ollade como morre a África dos Imperios ? é a agonía dunha princesa que dá mágoa?

Ulide África. Saboreádea.
África é terra, ?sabana de horizontes purísimos, sabana estremecida nas caricias ferventes do vento de levante...?.
África é a terra dos ocres amarelentos das areas do Sahel, a terra dos ríos e dos manglares, a das montañas e os baobabs, a dos bosques de caoba, teca e bambú, a da música e os rabaños... ?Escoitemos o seu cántico, escoitemos como latexa o seu sangue sombrío, escoitemos / como latexa o pulso profundo de África / en medio da bruma dos poboados perdidos?.
Pero tamén é xente.
África é ?o son oloroso, o perfume afroitado, o ulido agridoce do fogar abandonado?).

Hoxe quixen sentir os meus pés en África.
Grazas, Léopold Senghor.
Moitas grazas pola viaxe!
Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 27-01-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Unha soa vez puxen os pés en África. Pasei case un mes percorrendo as terras marroquís, co aroma do té, da menta, das laranxas, do pan, das especias..., coas paisaxes: aquel Atlas nevado en pleno abril, os zocos, os encantadores de serpes, os ollos dos nenos, os pastores, as casas humildes do deserto#blgtk08#, onde viven igual que hai milleiros de anos, os centros das cidades, occidentalizados, cheos de turistas que non ves noutros lugares máis auténticos, aquela xente que che dá todo o que ten, que comparte, que che abre as portas... Fermosa África encantada, feitizo do ar, da terra e do lume. Volverei.
Comentario por Eva Lozano (28-01-2009 13:16)
2 África é unha sinfonía de cores e de ulidos. O paraíso dos sentidos.
É a terra máis pobre do mundo, e t#blgtk08#amén a máis castigada.
Pero non hai nada máis grande có seu ceo! É o único que non se lle pode roubar.
Comentario por xesusconstela (28-01-2009 14:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0