Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Textos e gramática en MURIEL BARBERY

Na "Idea Profunda nº 10" do libro A elegancia do ourizo de Muriel Barbery aparecen dúas reflexións que comparto ao cen por cen.
A protagonista fala da súa profesora de lingua:
"Con ela, parece que un texto se escribise para que se poidan identificar os personaxes, o narrador, os lugares, as peripecias, os tempos da narración, etc. Coido que non lle pasou nunca pola cabeza que, ante todo, un texto escríbese para ser lido e para provocar emocións no lector. Para que vos fagades unha idea, nunca nos preguntou: ?Gustouvos este texto/ este libro?"
Un alumno da clase pregúntalle máis adiante á profesora para que serve a gramática. Ela contéstalle que ?para falar e escribir ben?.
A protagonista reflexiona: ?Dicir a uns adolescentes que xa saben ler e escribir que a gramática serve para iso é como dicirlle a alguén que ten que ler unha historia dos cuartos de baño a través dos séculos para facer pis e caca.?
Non son dúas reflexións magníficas?
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-01-2009 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A min pasoume algo semellante coa profesora de Arte en COU. Ela chegaba, prendía o proxector, mostrábanos a obra e comezaba a dictar o comentario da mesma segundo un autor que xa non lembro. Eu case sempre levantaba a man para comentar o que eu pensaba que quería expresar o autor, o que eu sentía, o que a min me parecía... E ela púñase furiosa, en lugar de aproveitar para facer un pequeno debate ou algo entre todos, que era a miña intención.
Sobre a segunda reflexión, v#blgtk08#eño de acabar o CAP e de estudiar, por tanto, unha chea de teorías sobre a ensinanza que só me fan pensar nas mentes dos que as inventan, que retorcidos, mi madriña... Dedícanse a poñer por escrito as cousas que facemos sen pensar no seu por que, simplemente cando tentamos facer o noso taballo o mellor que sabemos, xeito que imos modificando para obter os resultados que buscamos: que os alumnos aprendan máis e mellor. Poucos iluminados deben facer caso destas teorías, coido eu.
Comentario por Eva Lozano (27-01-2009 13:28)
2 Hai xente a dar clases por aí que era mellor que o deixase, que máis que espertar ganas de coñecer no alumnado fai xusto o contrario. Tanto ten a asignatura que impartan.
Tócame directamente o tema da literatura. Como pode ser que sexamos o país cos índices de lectura máis baixos da Unión Europe#blgtk08#a? É unha verdadeira vergoña. A literatura, a arte en xeral, é unha das experiencias máis fermosas para o ser humano. E hai docentes que realmente consiguen que o alumnado a odie, o que implica que deixe de lado os libros, coma se fosen inimigos.
Temos un sistema educativo de verdadeira vergoña.
Comentario por xesusconstela (27-01-2009 13:51)
3 Simply appear the net meant for Replica watches and you should locate lots of m#blgtk08#an made release notice websites on the internet about only imitation evaluate.
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0