Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do absurdo da autonomía madrileña
Madrid non é nada sen nós, a periferia. Apenas unha cidade bastante fea, sucia, contaminada e sen personalidade. Nada que ver coas outras capitais europeas. Xa lle gustaría ter a metade dos encantos de Lisboa, a décima parte da beleza de París, Praga, Budapest ou Estocolmo, ou unha cuarta parte dos atractivos de Londres ou Berlín, só por citar algúns exemplos que se me veñen á mente así de súpeto. Habería moitos máis. Por iso é alí, precisamente, onde se cocen as intrigas todas contra os que somos diferentes (Por iso a Rosa Díez e so seus secuaces teñen alí máis predicamento e máis adeptos) Porque Madrid non é nada, nadiña. Por non ter non ten nin acento, nin folclore e houberon inventalo, así que tiraron da manga un deixe estraño ao falar, aspirando eses, e inventaron o chotis, con traxe de chulapa e todo coma se vivisen nunha zarzuela. Non aturan, a cidade e unha boa parte dos seus habitantes, que haxa xente que fala outras linguas e escribe outras literaturas, que canta outras cancións, e que ten outros xeitos de ollar cara a Europa que non pasan nin polo Paseo da Castellana nin pola Gran Vía. Nin sequera poden comprender que non tomemos as uvas de fin de ano ao ritmo que marcan as campanadas doutros reloxos que non sexan o da Porta do Sol (unha das prazas máis feas de España, por certo)
E van e danlle un goberno autónomo por iso do café para todos. De aí vén a liorta que teñen entre eles permanentemente os políticos madrileños (agora son os do PP pero pasaría o mesmo se gobernasen outros). Cando en Madrid alguén bota un peido (desculpas pola escatoloxía) o feito ten repercusión en todo o Estado, ou iso pensan, ou iso intentan. Que Esperanza Aguirre (un personaxe reseso e casposo onde os haxa) espíe aos seus rivais dentro do partido (non menos casposos ca ela, por certo) non é un feito que deba de sorprendernos nin o máis mínimo. Tal é a catadura moral do seu goberno, unha institución da que aínda nunca compendín a existencia. Se xa están alí os Ministerios todos do Goberno Español, se teñen tamén unha Deputación Provincial (coma calquera provincia do Estado) e tamén un Concello (coma calquera outra localidade) para que necesitan ser unha comunidade autónoma? (Por certo con bandeira e himno que foron foito dun concurso, e co mesmo rango, segundo a Constitución, que a ikurriña ou o Himno Galego, por volver poñer dous exemplos) Pois necesitan un goberno autónomo para espiar aos demais, para chuchar da teta dos contribuíntes, para autobombo e para non ser menos que nós, os periféricos. Porque sen nós non serían nada. Nadiña de nada. Apenas unha cidade grisalla e sen personalidade.
Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 24-01-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Pois non estou de acordo á hora de falar de Madrid neses termos. Faga algún amigo da zona e que lle ensine a cidade, home. No seu post fala de chulapos, zarzuela, Rosa Díez... e di que "Madrid non é nadiña". Ollo coas visións folc#blgtk08#loristas (aos galegos dóenos moito cando nos medios fan ese tratamento falando da nosa cultura, non?) e con tanto reduccionismo, home. Madrid é algo máis que chulapos, do msmo xeito que Galiza algo máis que Luar.
Saúdos.
Comentario por Paulino (27-01-2009 13:41)
2 Falo dese Madrid e deses madrileños que pouco menos ca rían de nós polo fraguismo e agora velaí teñen ese seu goberno triste, dereitoso e folclórico (moito máis casposo aínda có "noso" #blgtk08#Luar).
Por suposto que sei que en Madrid hai máis que chulapos e zarzuela, pero penso que para a desgraza dos madrileños de ben (que existen, claro que si) tamén hai moito facha.
Comentario por xesusconstela (27-01-2009 20:43)
3 Completamente dacordo. E digo máis: a toro pasado non ten mérito, pero no seu día, se os dous grandes partidos nacionais (entón UCD e socialistas) pactaran estatutos para as comunidades donde verdadeiramente había un problema irresolto (Cataluña e#blgtk08# provincias vascas) o resto xa se vería. Agora é tarde para dar marcha atrás. Creo que foi un erro, sen prexuízo e considerar que co andar do tempo podería ampliarse un réxime de autonomía para algún outro pobo que así o demandase politicamente.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 19:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0