Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

BÓLA DE CRISTAL

Desapareceran as folerpas que caían ao volteala.
Desaparecera mesmo a cidade agachada no seu interior.
Que foi da bóla de cristal, preguntabámonos en silencio.
Que foi dos nenos a xogar na beirarrúa, alí mesmo, a pé da casa?
Que foi da avoa que, calada, cosía mantos inmensos de estrelas na calor do firmamento?
Que foi da bolsa que contiña o almorzo dos obreiros que aturaban o sol do verán e a neve do inverno?
Que das mulleres que tinguían o mundo de cores a forza de furtivas olladas?
Desapareceran...
Todos...
Para sempre...
Tiñádelo que ver.
O mundo deixara de ser unha bóla de cristal,
un xoguete pequerrecho,
unha alfaia.
A bóla, fría coma unha morta, estaba a chorar por Gaza.
Comentarios (2) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 23-01-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ás veces non apetece asomarse á bóla, vale máis non mirar, está pingada de sangue e dificilmente podemos ver: a morte, os choros, os berros, a dor... Ás veces vale máis que miren outros, os que poden facer algo, os que DEBEN facer algo, xa,#blgtk08# dunha vez por todas. Énchesenos a alma de mágoa, non cabe máis tristura no peito, non quero que a miña filla se teña que enfrontar aos cadáveres de nenos, da súa idade, na televisión. Apaga a bóla, e paren o mundo, que queremos baixar...
Comentario por Eva Lozano (23-01-2009 16:30)
2 A bóla colleu o frío tétrico da morte. Dan ganas de deixar de respirar e desconectarse un tempo para agardar que todo pase. Esa é a impotencia que sinto cando vexo as imaxes da televisión, cada vez máis arrepian#blgtk08#tes, cada vez máis dolorosas, cada vez máis vergoñentas. Circula por aí unha composición de fotografías que compara a dor do holocausto e o día a día de Gaza. A mesma dor. Exactamente a mesma. Sen diferencias.
Comentario por xesusconstela (23-01-2009 19:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0