Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Sabotaxe ao Torneo de Caza do Raposo
Este vindeiro sábado 24 de xaneiro, na localidade de Rodeiro (Pontevedra) terá lugar unha nova proba do Torneo de Caza do Raposo que vén celebrándose dende hai anos.
A organización Equanimal convoca unha sabotaxe que consistirá nunha acción pacífica e perfectamente legal, consistente en pasear polos camiños dos montes, detrás das cuadrillas de caza, facendo todo o ruído posíbel para afastar os raposos das escopetas dos cazadores.
Equanimal solicitou a semana pasada á Consellería de Medio Ambiente a suspensión de todos os torneos de caza do raposo previstos para este mes de xaneiro. A postura da Xunta é de neutralidade aínda que di entender que é normal que haxa rexeitamento a estes torneos. (?)

Podedes enviar un correo electrónico de protesta ao propio conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández: mvazquezf@xunta.es

SALVEMOS OS RAPOSOS!
Comentarios (2) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 22-01-2009 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Non tiña nin idea de que unha animalada semellante fose legal en pleno século XXI. O que tiñan que prohibir dende xa son a#blgtk08#s escopetas, e as pistolas, e as armas de destrución masiva e non masiva... Horrible, e ainda por riba chámanlle FESTA!!!
Comentario por Eva Lozano (22-01-2009 20:08)
2 Que fixeron os pobres dos raposos para espertar tanto odio?
Se#blgtk08# hai unha cousa que me arrepía e me repugna é o maltrato aos animais.
Comentario por xesusconstela (22-01-2009 20:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0