Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

ÁBRESE O PANO
Pola presente declaro inaugurado o meu blog Tiñádelo que ver!
Quedan todos vostedes convidados a ler as miñas intervencións neste espazo de opinión e tamén, como non, a participar coas súas achegas, que sempre serán benvidas.
Tiñádelo que ver é o título dun relato incluído no meu libro As humanas proporcións. A trama do mesmo desenvólvese no interior dun centro comercial onde Megafonía, un personaxe máis, teima en convidar a xente a pasar dunha sección a outra e tamén en crear un fondo ambiental acorde co lugar onde o cliente se atopa en cada momento.
O relato parte dunha miña idea de que o mundo noso, este recunchiño do planeta onde nos tocou vivir (Europa, ou o primeiro mundo, ou chamémolo X), non é moi diferente dun gran centro comercial onde facemos aquilo que se nos manda facer e imos xusto a eses lugares cara a onde se nos manda ir. Comemos aquilo que Megafonía nos obriga a comer e vestimos aquilo que nos obriga a vestir. E pobre de quen saia da ringleira, que vai levar polos catro costados.
E este centro comercial noso está rodeado de pobres por todas partes (África, ou Asia, ou o terceiro mundo, ou chamémolo X tamén), pobres aos que só se lles permite entrar cando os empregados vestidos de verde con cans de presa e material antidisturbios así o permiten, de xeito que, enchoupados de miseria, están condenados a mirarnos a través dos escaparates.
E dentro do centro comercial nós, felices, comemos canto queremos e bebemos a pracer.
Velaí, entón o noso mundo.
Benvidos todos!
Tiñádelo que ver!
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2009 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Benvido o maraviloso mundo do ciberespazo. Espero que che sea beneficioso e enriquecedo#blgtk08#r. O meu apoio. Xa terás, xa tereis opinión, fotos e maldicións sociais. Unha aperta...
Comentario por Víctor (16-01-2009 23:49)
2 Grazas, Víctor. Benvido sexa#blgtk08#s. Agardo as túas opinións.
Comentario por XC (16-01-2009 23:52)
3 Zorionak! He logrado entender bastante pero me temo que el libro entero ser#blgtk08#ía muy dificil. A ve cuando te traducen alguno al euskara!Un abrazo. Itziar
Comentario por Itziar (17-01-2009 21:12)
4 Ezkerrik Asko, Itziar!
Algún día quizais po#blgtk08#derás lerme en euskera. Soñar non ten fronteiras.
Comentario por xesusconstela (17-01-2009 22:12)
5 Adiante, Xesús, polo que te coñezo sei que sempre vai ser un p#blgtk08#racer ler os teus comenterios e opinións. Unha aperta. Xaime.
Comentario por Xaime (19-01-2009 14:13)
6 Un saúdo, Xaime. #blgtk08#Vémonos na rede!
Comentario por xesusconstela (19-01-2009 14:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0