Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

1º día de vida
Pola noite choveu a caldeiros
e os tres melriños durmiron quentiños debaixo do corpo acolledor e agarimoso da nai...

O niño está cuberto por dúas grandes follas de hedra que o protexen da choiva coma se fosen un paraugas...

Sentirán os tres melriños o mesmo que sentimos nós tapados na cama debaixo dun edredón (de plumas tamén) a escoitar a choiva a petar contra do tellado? (Seica non é unha experiencia gozosa de verdade?)

De seguro que senten o mesmo, e iso faime sentir ben.

Xa temos unha cousa en común!

(Teño que procurar un xeito de descubrir o que pensan eses tres pequenos)

*A fotografía, feita co meu móbil porque temos medo de que se asusten do flash da cámara, demostra como xa medraron uns milímetros...
*Deberiamos procurarlles nomes?
Comentarios (2) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 15-05-2013 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Encántame este seguimento dos merliños!!! Que ilusión velos medrar día a día!! Pois si, deberiamos buscarlles un#blgtk08#s nomes!! Daniel, Álvaro e Rosalía? Son machos ou femias?? Groliño por eles, e pola nai, que por fin volveu!!!
Comentario por Eva Lozano (15-05-2013 12:26)
2 Aínda non si se son machos ou femias! (e non sei se chegarei a sabelo) Son soamente tres mont#blgtk08#onciños de carne con algo de plumón. haberá que procurar nomes que valgan para os dous sexos!
Comentario por Xesús Constela (15-05-2013 12:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0