Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O mergullador da cidade de Paestum

Velaquí a mellor imaxe que trouxen na memoria logo da miña recente viaxe ao sul de Italia, concretamente á rexión de Campania.

Gustoume tanto que agora é o fondo de escritorio do meu computador e tamén a pantalla de inicio do meu móbil!

Nas ruínas do que foi a cidade de Paestum, a antiga Posidonia (onde por certo se ergue o templo mellor conservado do que foi a arquitectura grega clásica) atopei esta fermosa imaxe dun home que se mergulla dende un trampolín nas augas do que podería ser unha lagoa.

Vaia unha imaxe moderna a deste saltador que lembra os atletas dos últimos xogos olímpicos, non si?

Até hai relativamente ben pouco nada (ou case nada) se coñecía da pintura grega porque nada (ou case nada) sobrevivira. Desapareceran os frescos que decoraban os templos, os santuarios ou os palacios. Pero no ano 1968 un grupo de arqueólogos descubriu unha tumba completamente pechada na cidade de Paestum que tiña o seu interior fermosamente decorado.

Ao estar illadas da luz, da humidade e doutras inclemencias (e tamén dos "bárbaros") as pinturas interiores estaban nun estado case perfecto.

E entre elas estaba esta imaxe deste mergullador, que forma parte de toda unha historia que se "narra" nas catro paredes da tumba.

O que máis chamou a miña atención neste fresco do mergullador de Paestum foi a harmonía e a precisión das pinceladas, así como a gran pureza no debuxo deste home que salta quizais cara á eternidade, porque disque a pintura fai alusión á viaxe cara ao Alén.

Consérvase a tumba enteira no Museo Arqueolóxico Nacional de Paestum, que está moi preto do xacemento e paga realmente a pena visitar.
Comentarios (3) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 17-11-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ¿Pódese saber #blgtk08#a cronoloxía?
Comentario por Guereñu (17-11-2012 22:56)
2 Creo que as tumbas s#blgtk08#on do século V a. C.
Comentario por Xesús Constela (17-11-2012 23:22)
3 E que a delicadeza das formas parecen de influencia cretense, pero como dita civilización é anterior, q#blgtk08#uizás a influencia sexa etrusca. Deixo o tema a quen sepa máis ca min. O fresco é precioso. Un saúdo.
Comentario por Guereñu (22-11-2012 19:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0