Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Gustave Caillebotte: Os acoiteladores do parqué

Grazas á miña amiga Julia coñecín este cadro realista do Museo d'Orsay de París.

Abraiante, non si?

Trátase dunha obra de Gustave Caillebotte (París, 1848-Gennevilliers,1894)titulada Os acoiteladores do parqué (Les raboteurs de parquet) pintada no ano 1.875.

(por certo que Caillebotte morreu con só 45 anos!)

Trátase dunha das primeiras representacións do proletariado urbán. Do mesmo xeito que Millet se interesara polos labregos Caillebotte ollou para os traballadores da cidade e as súas condicións de vida. POr iso nos presenta esta escena de obreiros a acoitelaren o parqué dunha casa aparentemente rica.

Nos seus tempos o cadro foi rexeitado pola crítica por presentar un tema tan "vulgar".

Caillebotte virou cara ao impresionismo.

Que estarán a falar eses dous homes da dereita mentres acoitelan o parqué?

Cando pararán por fin para descansar e botar un grolo de viño da botella da que teñen á súa beira?
Comentarios (4) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 12-11-2012 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 É realista polo tema, pero o autor estivo tan relacionado cos impresionistas que tamén ten obra con esta técnica: ver "Rue Halevy" e "Home secándose a #blgtk08#perna". Ver outra versión dos lixadores de parquet en
http://bajoelsignodelibra.blogspot.com.es/2010/06/gustave-caillebotte-una-mirada-con.html
Comentario por Guereñu (12-11-2012 19:26)
2 Impresionante luz a desta nova versión dos Acoiteladores! Os brillos do parqué son totalmente r#blgtk08#eais! Si coñecía a traxectotria impresionista de Caillebotte. Pero este cadro chegoume á alma.
Comentario por Xesús Constela (14-11-2012 11:53)
3 Encánt#blgtk08#ame!!
Comentario por Eva Lozano (14-11-2012 18:58)
4 Now that you've got an uncertain notion of a lot of these Rolex Replica w#blgtk08#atches, is it not about time you ought to got some of which on your own?
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0