Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Ramon Casas: Patio da antiga cadea de Barcelona
Remexendo no googleartproject descubrín este cadro de Ramon Casas, impresionista catalán e impulsor do modernismo (Barcelona, 1866-1932), titulado Patio da antiga cadea de Barcelona, que forma parte da colección do Museu Nacional d'Art de Catalunya, MNAC.

Viñeron á miña mente moitas preguntas acerca da soidade que se respira nese patio, que supoño cheo de presos (tristes) noutros momentos do día...

Abraiáronme as tonalidades que usou o artista para plasmar esa soidade e tamén esa sensación de tristura e de friaxe, as árbores espidas de follas, as casas que pechan o escenario pola parte de atrás (unha delas coa cheminea a botar fume para nos lembrar que estamos no inverno e non vai nada de calor), o muro grisallo e sucio da cadea, a terra completamente desprovista de herba, mesmo esa garita de vixiancia que se intúe na parte esquerda do cadro...

Non puiden quitar da mente a prisión da miña novela 15.724 no momento en que Samuel R. a abandina derrotado tras da primeira visita a seu irmán:

Unha vez fóra do sinistro edificio respirou fondamente na procura do aire que lle faltara dende o momento da entrada. Cun terríbel sentimento de derrota, a mente ocupada por aqueles berros de Gordo, e na procura dunha explicación a todo canto viña de acontecer, volveu ler o lema das penitenciarías da Patria: PROFESIONALIDADE, EXCELENCIA, HONRADEZ, esculpido na parede gris da fachada.

Veña un grolo, logo, por Ramon Casas!

Por certo, que hai outro cadro de Ramon Casas no que aparece o mesmo patio pero no día da execución dun preso polo garrote vil, pero a obra xa é demoledora! Podedes velo aquí.

O patio retratado tamén se coñecía co nome de Patio dos cordeiros.
Comentarios (3) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 08-11-2012 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Pois tes razón no paralelismo da túa narración e non coñecía esta obra de Ramón Casas, pois na maior parte dos seus cadros é moito máis iluminista, alonxado de suxestións pesimistas; incluso está considerado coma o pintor da burgusía catalana na súa época. A técnica é parecida á de Sorolla, pero os temas son máis formais e menos pintorescos. O mesmo estudo de perspectiva, algo disto#blgtk08#rsionado -fíxate que o patio parece estar inclinado e desaxustado respecto do muro da esquerda- . Cambiando de tema, ve a obra dun pintor pouco coñecido entre o gran público, Bertuchi, namorado de Marrocos e pintando as súas xentes e vilas. Podes buscar pola túa conta ou entrando en poiopoio.blogspot.com (solosequenosenada) e no buscador poñoer "el triunfo de la luz". Unha aperta.
Comentario por (09-11-2012 13:25)
2 No outro cadro de Casas, que tampouco coñecía, a perspectiva non está distorsionada, probablemente porque o espazo do patio #blgtk08#está ocupado polas persoas. Un grolo por Casas, máxime hoxe que vou xantar na honra de Alberto Villaverde e de José Ángel.
Comentario por (09-11-2012 13:29)
3 Interesante Bertuchi#blgtk08#. Si señor!
Comentario por Xesús Constela (11-11-2012 13:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0