Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Max Klinger: The Walker

Hoxe faloume un compañeiro, Luis, de Max Klinger (Leipzig, 1857 - Großjena, 1920), artista simbolista alemán.

E atopei este cadro fantástico, The Walker, que tanto contido ten en http://www.googleartproject.com.

Decididamente unha desas grandes obras de arte que gardan no seu interior toda a trama dunha historia moi longa, do mesmo xeito que acontecía con aquel cadro que comentei de Edward Hopper, Falcóns nocturnos.

Ollade The Walker por uns instantes.

Parados nun momento case imposíbel entre a realidade e a fantasía, perdidos nunha paisaxe dende logo nada acolledora, un home vese acosado por unha banda e desenfunda unha pistola...

Que hai detrás do muro de ladrillos onde a escena se desenvolve?
Que hai na cabeza de cada un dos homes retratados?
Que vai dicir o primeiro deles que abra a boca para falar?
Que dixo o último que falou?

Que inquedanza!

Veña un grolo por Klinger!

Por certo, que o cadro está no Staatliche Museen de Berlín.

Comentarios (2) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 06-11-2012 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pois as estatuas que saen no artigo que enlazas de Klinger non quedan atrás... Beet#blgtk08#hoven medita totalmente estresado e cabreado?????

Únome ao grolo!!
Comentario por Eva Lozano (06-11-2012 23:08)
2 En efecto: os personaxen son son definidos, senón manchas pesadas no espazo, inmóviles, mentres o céspede, o muro e o horizonte non invitan o opt#blgtk08#imismo. Certa angustia transmite toda a obra. É o que se lle pide a una obra de arte: que suxira, que faga pensar máis aló do cotiá... Un saúdo.
Comentario por (07-11-2012 15:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0