Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A mellor randeeira do mundo!
Era Meirás (e xa que logo era verán)

Eu tiña dous anos

Mau pai colleu unha corda e unha táboa para facer empanadas

Colgounas da póla dunha árbore da eira de detrás da casa

e construíu para min a mellor randeeira do mundo!

A mellor!

Apenas fica unha fotografía que sempre me acompañou alá onde fun

Apenas fica unha lembranza que moitas veces teima e saír da miña memoria (tal é a súa forza, tal é a súa potencia)

Son as tres cousas máis fermosas daquela miña nenez, daqueles meus primeiros veráns en Meirás, dos que apenas queda un imaxinario case de lenda: o cabaliño de rodas cadradas, esa randeeira de táboa de empanada e un canciño de palleiro que se chamaba Rin e tiña a cor da canela...
Comentarios (4) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 05-11-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Moito me gustan as randeeiras. O meu avó fixénos unha pendurada da póla dunha pereira, d#blgtk08#etrás da súa casa...
Despois i meu pai fixera outra munha póla dun castiñeiro...
Comentario por A nena do paraugas (05-11-2012 18:23)
2 E a que non podes esquecelas? Son unha imaxe moi importatante da miña nenez. Non sei se polas #blgtk08#fotos conservadas (hai outra de meu pai cando estaba a construíla) pero son imaxes brillantes!
Comentario por Xesús Constela (05-11-2012 18:25)
3 Non se pode nega#blgtk08#r que eres tí.
Comentario por (05-11-2012 23:50)
4 Pois si. Son eu. #blgtk08#Un eu moi feliz!
Comentario por Xesús Constela (06-11-2012 20:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0