Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Sidras de xeo
Acabado de chegar de Xixón, do Salón de les sidres de gala, quérovos falar da miña gran descoberta: as sidras de xeo.

As sidras de xeo obtéñense por un método similar ás tradicionais: o prensado das mazás e a súa posterior fermentación.

Mais cunha diferenza substancial: a mazá prensada conxélase completamente e logo se deixa desconxelar moi pouquiño a pouco.

O líquido resultante déixase fermentar e apenas contén auga, simplemente un zume de mazá de alta pureza co que se obtén un produto verdadeiramente singular e realmente delicioso cun sabor semellante (só por poñer un exemplo) ao viño de moscatel.

Convídovos a que probedes (aínda que non é doada de conseguir) unha que se chama Diamantes de Hielo elaborada polo lagar tradicional da Viuda de Angelón no Concello de Nava, en Asturias, que por certo tamén elabora unha sidra de pera fascinante.

Xoias para a boca.

Sidras para soñar.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Mmmmmmm, pois si que ten boa pinta o tema!!! Son unha gran fan das sidras, a#blgtk08#sí que terei que probala!!
Un grolo por elas, e nunca mellor dito!!!
Comentario por Eva Lozano (28-10-2012 12:54)
2 Eva: Nin imaxinas o pracer na boca!#blgtk08# Fantásticas! Máis aló da realidade
Comentario por Xesús Constela (28-10-2012 14:05)
3 Xa que non te trouxe o encanciador de sidra#blgtk08# traereite sidra de Asturias cando vaia...
Comentario por (05-11-2012 23:51)
4 Pois millóns#blgtk08# de grazas!
Comentario por Xesús Constela (06-11-2012 20:10)
5 sao#blgtk08#lun
Comentario por islami forum (31-01-2013 19:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0