Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Uxío Novoneyra: Letanía de Galicia
Tempo de eleccións, de incertezas, ou e esperanzas, ou de rabietas, tempo de mensaxes (uns verdadeiros e outros cheos de recortes e mentiras)

Veu á miña cabeza este poema, Letanía de Galicia do gran e único Uxío Novoneyra...

Para termos na cabeza cando vaia mos votar...

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr?os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n?il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d?argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-10-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Vaia sentimento mais nobre este por Galicia! Este poe#blgtk08#ma vem do fundo da alma!
Dias melhores virão!
Comentario por Solange Villamar Couto (14-10-2012 22:29)
2 Unha ben fermosa letanía.#blgtk08# Aprendereina de memoria!
Comentario por A nena do paraugas (15-10-2012 17:18)
3 Non sería fantástico poder face#blgtk08#r que a letanía fose historia?
Comentario por Xesús Constela (15-10-2012 18:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0