Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Malala Yusufzai
Que pode levar a alguén a disparar contra unha rapaza de catorce anos por defender o seu dereito de ir á escola?

Malala Yusufzai subía ao autobús que había levala de regreso a casa á saída da súa escola en Mingora. (A bala cruzou a súa cabeza e está moi grave)

Malala Yusufzai escribía decote un blog dende o ano 2008 no que,coa súa visión dunha nena de 11 anos, retrataba a súa vida nunha zona de Pakistán baixo control dos talibáns, que foron os que pecharon as escolas e prohibiron a música, e o baile e mil cousas máis... ademais de executar a todo aquel e, sobre todo a toda aquela, que non respectaba a lei islámica que impuxeron con toda a dureza de que eran capaces.

Malala quería estudar medicina cando fose maior..

Velaquí o seu pecado: querer, con catorce anos, ser unha muller libre nun país onde as mulleres deben camiñar polo mundo agachadas da sociedade e submisas aos homes.

Unah sociedade medieval que non debería ter cabida no mundo en pleno século XXI.

Vaia dende aquí o meu desexo e que Malala se recupere a pesares da gravidade das feridas provocadas polo balazo dese monstro que lle disparou.

Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 12-10-2012 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 A cada dia fica mais difícil compreender certas atitudes do ser humano. Algumas já não são mais cabíveis no mundo atual!
Não se pode tirar o direito das pessoas e, tratá-las simplesmente como animais que estão sendo preparados para cria e para abate.#blgtk08#
Onde existe justiça neste mundo de cheio de injustos? Por que destruir um sonho de um adolescente ou de quem quer que seja?
Sinceramente, a única coisa que espero, é que Malala fique bem e que consiga realizar seu sonho de estudar medicina!
Comentario por Solange Villamar Couto (13-10-2012 18:05)
2 O mundo é t#blgtk08#an inxusto!
Comentario por Xesús Constela (14-10-2012 11:32)
3 Van trasladala a Inglaterra para comezar alí a rehabilitación. Sacáro#blgtk08#nlle a bala e vai mellorando, menos mal... vai ser unha gran muller!!
Comentario por Eva Lozano (15-10-2012 09:12)
4 Conmoveume o seu sufrimento #blgtk08#e a súa testemuña. Guereñu.
Comentario por (05-11-2012 23:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0