Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Alepo no corazón

Hoxe o xornal traía esta horrenda fotografía da cidade siria de Alepo, unha fotografía que esperta os meus mais baixos instintos, unha fotografía que atragoa, unha fotografía que abafa, unha fotografía que pon un nó no pensamento...

É tan inxusta a vida, ás veces!

Hai uns días, non moitos, neses edificios esmagados polo peso da violencia había fogares de verdade onde vivían familias de verdade, onde se facían xantares de verdade e ceas de verdade, onde as persoas, nenos, nenas, homes, mulleres, espertaban polas mañás coas mentes cheas de plans (ou non, tanto ten), ou marchaban pola noite a durmir cos corpos cheos de cansazo (ou non, tanto ten tamén)...

Había fogares con ulidos de verdade, malos ou bos, cheiros ou arrecendos, que máis dá, ulidos de vida á fin e ao cabo.

Agora nada hai

Nada.

Desolación, soedade, tristura, amargor...

A fetidez da pólvora pasou pola cidade...

A miseria...

Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 04-10-2012 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Me faltam palavras para defin#blgtk08#ir esta imagem! Que tristeza!
Comentario por Solange Villamar Couto (04-10-2012 21:46)
2 Ultimamente estou perdendo o meu optimismo habitual... Non quería perdel#blgtk08#o, porque o que me mantén no día a día, pero cada día é máis difícil...
Comentario por Eva Lozano (11-10-2012 12:55)
3 Unha derrota colectiva máis por non estar desenvolvidas #blgtk08#como mandan os deuses as institucións internacionais...
Comentario por (05-11-2012 23:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0