Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Michela Murgia: Accabadora
Recoméndovos a lectura da novela Accabadora da escritora Michela Murgia, que escrebe en italiano (cando ben podía facelo en sardo, non é por nada, aínda que de seguro que vendería menos) e recibiu no ano 2010 o premio Campiello, o máis prestixioso de Italia.

Quen se adentre na novela vai ter ocasión de camiñar da man de Maria Listru, fill'e anima de Bonaria Urrai, polos camiños dunha boa chea de vellas tradicións sardas, moitas das cales aínda perviven na actualidade a pesares da presión da globalización.

Unha desas tradicións é precisamewnte a que dá título á novela: unha accabadora era unha muller que, chamada polos familiares dun enfermo terminal, procedía a acabar coa súa vida para ver de pór fin aos seus sofrimentos.

Quen se adentre na novela vai poder mergullarse no día a día dunha aldea, Sorreni, na que se mantén a misteriosa (e por que non tamén inquedante) figura da "accabadora".

É unha obra de delicada e moi ben construída narrativa trazada da man dunha muller, Michela Murgia) que de seguro que vai dar moito que falar no futuro de seguir polo camiño escollido, unha novela na que se respira a atmosfera (ás veces opresiva, por que non dicilo) da sociedade sarda con todos os seus pros e tamén con todas as súas contras.

Velaquí unhas miguiñas do argumento:

Nos anos cincuenta, na aldea de Sorreni, Cerdeña, Unha vella costureira, Bonaria Urrai, e unha meniña, Maria Listru, unen as súas vidas por medio da antiga tradición sarda da "adopción da alma". A vida da meniña vese transformada por completo da man da súa nova "nai", unha muller chea de segredos, de longos silencios e de estrañas saídas nocturnas...

Trátase unha historia de amor e tamén de piedade, de destinos que se acadan e de destinos que non, un libro conmovedor que sabe facer reflexionar.

Convídovos a lela.

Paga a pena!
Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-06-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0