Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do encontro en Rodeira acerca do Libro das alquimias
Dende o IES de Rodeira (Cangas) envíanme me este enlace (e esta fotografía que achego) para poder acceder aos comentarios que os rapaces do club de lectura redactaron acerca do meu encontro con eles o pasado vinte e catro de xuño para falarmos do Libro das alquimias.

Volvo insistir unha vez máis no meu agardecemento a todos/as os/as integrantes dese club de lectura polo ben que o pasei na súa compaña.

Só por eses momentos paga a pena ser escritor!

Comentarios (5) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 02-06-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Parabéns polo encontro, deberíanse fomentar este tipo de actividades, aí está o verdadeiro sentido da literatura.

#blgtk08#Unha aperta

PS: Coido que ou conseguiu facer traballar a súa máquina do tempo ou puxo xuño onde debería ser maio.
Comentario por Tobaldo (02-06-2012 21:48)
2 Efectivamente, Tobaldo. Puxen xuño onde debería dici#blgtk08#r maio! Maldita máquina do tempo, sempre a enredar!
Comentario por Xesús Constela (03-06-2012 20:12)
3 Os meus alumnos de 1º e 2º ES0 quedaron engaiolados coas túas historias.
Algúns animáronse a poñer por escrito a súas opinións. Aquí van:

"A nós encantounos o día que veu o autor Xesús Constela:comemos uns bos bocatas, el é moi simpático e o mellor foi cando nos falou do libro 15.724; pareceunos moi interesante e ímolo ler."
Aitor Piñeiro e Luís Vázquez

"A visita de Xesús foi moi i#blgtk08#nteresante. Explicounos o que non entendiamos de O libro das alquimias e pediunos a nosa opinión. Falounos doutros libros que escribira e dalgún dos seus próximos proxectos. Eu pregunteille por que decidira ser escritor e explicoume que fora dun momento para outro e que o relato no que contaba a anécdota estaba publicado no seu libro As humanas proporcións. Foi bastante falador e entretivémonos moito."
Nerea Dios González
Comentario por Alba Poses (04-06-2012 17:24)
4 Dalles as grazas#blgtk08# da miña parte!
Comentario por Xesús Constela (04-06-2012 20:36)
5 Ben sei eu que poder contar cunha tertulia con Xesús é cousa moi interesante, vaian os meus parabens para eses rapaces que tiveron a sorte de recibir a tua visi#blgtk08#ta, de gozar da tua palabra e da tua compaña. Pasarán os anos e terán ese momento no seu baúl de recordos preciosos.
Vaia un grolo por ti, amigo.
Comentario por E. Carpentee (10-06-2012 23:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0