Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha viaxe ao cráter Endeavour (Marte)
O recuncho que hoxe vos convido a visitar non está neste mundo noso, senón fóra del.

Exactamente en Marte.

Ollade ben a fotografía feita polo robot Opportunity...

Nese cráter inmenso aínda non puxo o pé ningún humano!

É un inmenso territorio virxe e inexplorado.

Unha vez fun cos meus fillos nunha balsa de remos inflábel até a Illa de Tambo dende a praia de Chancelas aproveitando a marea baixa.

A auga estaba moi calma e o camiño até Tambo foi coma un esvarar nun mar de tranquilidade. Levounos tempo pero chegamos felices da nosa aventura (tanto eles coma min).

Desembarcamos na única praia que ten a illa, unha caliña fermosísima...

E como era de esperar non había ninguén.

Na area apenas estaban marcadas as pegadas de dúas gaivotas que xa tamén abandonaran o lugar.

Foi como vivir un soño.

Nunca antes víramos unha praia sen pegadas de humanos.

Era como terreo virxe.

Marte ten que ser así!

Pero durou pouco a nosa aventura en Tambo. Ao pouco de chegarmos, uns quince minutos despois apareceu por alí unha parella de militares que nos botaron de moi malos modos.

Sempre ten que estar a NASA a amolar!


Comentarios (4) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 27-05-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 A min nesta foto só me falta, polo menos,#blgtk08# un baobab, por non dicir unha roseira...
Comentario por Eva Lozano (27-05-2012 14:09)
2 Xa sería moito pedir... Pero que me dis, Eva, do encanto dos desertos? Eu non tiña especial g#blgtk08#usto por eles até que viaxei polo interior de Turquía e polo sur de Tunicia. Namoreime deles!
Comentario por Xesús Constela (28-05-2012 18:43)
3 Iso que se ve abaixo á dereita #blgtk08#non será lixo, seguro que non.
Comentario por E. Carpente (28-05-2012 21:36)
4 Aínda non é lixo, mami, pero acabará séndoo...
Os desertos, tes razón, Xesús, son impresionantes!! Eu cando vin a vivir á miñ#blgtk08#a aldea pensaba que botaría en falta as montañas, pero non, o feito de ver o horizonte tan lonxe prodúceme unha paz moi agradable...
Comentario por Eva Lozano (09-06-2012 12:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0