Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do hipnotizante arrecendo do xasmín
Nada tan embriagador coma o hipnotizante arrecendo do xasmín.

Eu non o sabía pero estaba agachado na miña memoria até que saíu un día por sorpresa nunha vila de Tunicia que se chama Sidi Bou Saïd (سيدي بو سعيد‎) preto de Cartago nunha visita hai xa moitos anos (vinte e tantos) pola primavera.

Viaxei sen me decatar á miña escola de infantil, ao meu parvulario...

Era trece de maio, coma hoxe.

As mestras encargábannos que levásemos flores "para a virxe", porque polo visto o trece de maio é o día da virxe por iso de que foi o día que se lles apareceu aos pastorciños de Fátima na Cova da Iria!

E miña nai sempre se enfadaba e dicía que se as mestras querían flores que as comprasen elas.

Pero aínda así eu sempre ía ao colexio cun par de caraveis na man.

E facíannos cantar unha cousa así como "El trece de mayo la virgen María bajó de los cielos a Cova de Iría... Ave, ave, ave María!"

E eu nunca entendera o que quería dicir iso que cantabamos porque non coñecía o concepto "cova de Iría" pero cantaba igual porque todos cantaban e porque a profe nos mandaba (de seguro que ningún neno sabía o que quería dicir a canción)

Os nenos con máis recursos (ou de pais máis relixiosos) levaban uns ramos de flores que as mestras de encargaban de louvar sen recato ningún.

Pero a min tanto me tiña! O único que me gustaba era o arrecendo que había no colexio.

Algún compañeiro debía de levar un ramo con algunhas floriñas de xasmín...

Nada tan embriagador coma o seu arecendo!

Comentarios (4) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 13-05-2012 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Eu tamén lembrei hoxe a cancionciña, antes era un día que c#blgtk08#elebrabamos na escola e tamén tardei en entender a letra...
Comentario por Eva Lozano (13-05-2012 21:43)
2 Dame risa cos vosos comentarios, porque eu que sempre fun a colexios de monxas cantei ate#blgtk08# ben grandiña "bajó de los cielos ALCOBA QUERÍA", está claro que non me coscaba de nada.
Comentario por E. Carpente (14-05-2012 15:56)
3 Somos almas xemelg#blgtk08#as, Evas!
Comentario por Xesús Constela (15-05-2012 20:45)
4 #blgtk08#
Comentario por (18-05-2012 23:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0