Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Que non dariamos?
Que non dariamos por parar os reloxos,
Que non dariamos por non deixalos avanzar,
Que non dariamos por detelos,
por facelos retroceder,
por obrigalos a recuperar momentos que nos gustaría retomar...

aquela conversa que nunca concluíu
aquela na que cambiariamos unhas palabras que nunca debimos dicir,
aquelas palabras das que sempre nos arrepentimos
aquelas que elimianarian a discusión posterior...

que non dariamos por recuperar o estoupido daquela onda que nos abraiou na praia...

e facía sol...

e ulía a salitre fresco...

que non dariamos por oír de novo a voz dos que marcharon,
que non dariamos por escoitar os seus risos unha vez máis,
por compartir con eles mesa, mantel, viño, alimentos,
que non dariamos,

collamos os reloxos todos das casas

paremos o tempo por un intre

e deámoslles logo ás agullas marcha atrás!

Comentarios (3) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 29-01-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ben cumpría, de vez en cando, parar un pouco e mirar con calma como todo flúe, deixando por aquí e acolá un sinal para a lembranza!
#blgtk08#>
O de darlle ás agullas marcha atrás, xa non o teño tan claro! Pero parar un pouco... Que ben nos viña!

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (31-01-2012 07:02)
2 Em certos momentos fico atordoada, pois parece que não consigo fazer tudo o que preciso.O tempo é curto!
Quando comparo com alguns anos atrás, parece que nun#blgtk08#ca passava os dias, agora não dou conta de vê-los passar. É tudo tão rápido!
As vezes tenho esta vontade de voltar os ponteiros, voltar os dias e, os anos...
Comentario por Solange Villamar Couto (31-01-2012 14:46)
3 Nin un ghato daría eu, menos mal que o tempo bule#blgtk08#, e que bula axiña, que teño as costas desfeitas.
Comentario por Xusto (13-02-2012 15:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0