Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O cabaliño de rodas cadradas

Inauguro unha nova categoría, Espindo a memoria, co obxectivo de ir espindo a miña memoria, de ir baleirándoa de todas aquelas lembranzas que desexo compartir.

Comezo co meu cabaliño de rodas cadradas...

Xa sei que unha roda cadrada non pode de ningún xeito axudar a camiñar.

Xa sei que quizais o concepto roda e o concepto cadrado son incompatíbeis.

Xa o sei.

Pero se pecho os ollos e fago memoria da primeira lembranza que teño na cabeza, a máis antiga de todas, só me vén á mente un cabaliño de cartón coas rodas cadradas vermellas, un deses cabaliños nos que os nenos poden montar para se imaxinar xinetes a cabalgar.

Trátase dun cabaliño gris de crinas negras que está deitado na herba, solitario, nunha eira coa herba moi alta nunha casa de Meirás, no concello de Valdoviño, onde a miña familia adoitaba pasar o verán cando eu tiña dous anos e a onde deixamos de ir porque un Pedro, o home dunha curmá de miña nai, meu morreu afogado na praia.

E as súas dúas fillas pequenas ficaron orfas.

Pero eu non lembro ese día terríbel.

Nin sequera lembro a face de Pedro.

Só sei o que despois me contaron.

Os meniños de dous anos non gardan memorias desas cousas.

Ou si?

Non sei.

Pero asegúrovos que pecho os ollos para me poñer a lembrar a miña lembranza primixenia e vén a cabeza ese xoguete que de seguro tiña un nome que non consigo recordar.

E que faría deitado na herba, meu pobre?

Un cabaliño de rodas cadradas non pode de ningún xeito camiñar...

Quizais ficou abandonado entre as herbas daquela eira cando deixamos de ir a Meirás para pasar o verán.

Quizais.
Comentarios (2) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 25-01-2012 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Xesús, isso é formidável! Eu adoro reviver minhas lembranças, embora, faço muito esforço para lembrá-las!As vezes aparece alguma quando menos espero!
Que memória extraordinária hem Xesús? Acredito que não me lembre de nada quando tinha esta idade! Com um pouco mais, sim!
#blgtk08# Essa lembrança do cavalinho de rodas quadradas é curiosíssima.
Nem só de momentos bons e agradáveis é que guardamos as lembranças, mas é importante tê-las. Faz parte de nós!
Gostei muito desta categoria. Acho que será por demais produtiva!
Un grolo as lembranzas!
Comentario por Solange Villamar Couto (25-01-2012 22:08)
2 Aqui quedo á espera das tuas lembranzas que de seguro serán interesantes. Esta do cabaliño de rod#blgtk08#as ¿cadradas? -sería para que non se movera quen nen cabalgara- é moi boa, está moi ben contada.
Comentario por E. Carpente (25-01-2012 22:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0