Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Carta aberta a Antón Riveiro Coello
Poio, 24 de xaneiro de 2012

Meu benquerido Antón:
Agora que rematei a túa novela Laura no deserto, a miña primeira lectura deste ano que comeza, quixera agradecerche os bos momentos que me fixeches vivir con ela, o cal dalgún xeito equivale a dicir que quero darche as grazas por escribila.
(Hei dicir que cando comecei a lectura desta Laura no deserto tiña o listón moi alto logo dos bos momentos que me fixeras pasar coas túas obras anteriores pero desta volta superácheste, amigo. E moito!)
Grazas, entón, polas brillantes descricións de Barcelona, de Nova York, da Pobra do Caramiñal?, capaces de me facer viaxar dende a butaca de lectura da miña biblioteca (ese meu lugar favorito para o lecer de inverno) cara ás rúas todas onde o que narras transcorría.
Grazas pola abraiante historia de Laura, que un día me anticipaches mentres compartiamos café e conversa antes da presentación do meu Shakespeare destilado no Café Moderno de Pontevedra, onde tiven a honra de contar coa túa presenza. Laura apropiouse de todo o meu tempo ao longo destes días de lectura, de todo, absolutamente todo; tal é a forza do personaxe e a forza do retrato seu co que conseguiches agasallarme.
Grazas por esa trama tan ben elaborada, polos fíos que, de xeito inesperado, me foron conducindo dende a primeira páxina da novela por recunchos narrativos sorprendentes.
Grazas por desvelarme ese mundo tremendamente inxusto (e tamén tremendamente cruel) que viviron os máis dos personaxes da novela, non só a Laura protagonista do título, por certo moi acaído, e grazas por desvelalo dun xeito aparentemente tan sinxelo pero enleado en moitas complexidades. Nada tan grande como todo iso que aparenta sinxeleza pero denota un inxente e moi elaborado traballo.
Grazas, en fin, pola mestría da túa man de bo escritor capaz de engaiolarme como lector dende a primeira liña.
Non canso de recomendar a lectura da túa Laura no deserto a todo o mundo, convencido de que veño de ler unha verdadeira obra de arte, unha desas novelas que ocupan, ou deberían ocupar, un lugar de seu no universo das grandes obras literarias.
Grazas, Antón.
Que a túa Laura no deserto atope nas mans dos lectores a boa viaxe que merece.
Milleiros de apertas:
Xesús Constela.-
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 24-01-2012 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Poxa, que legal Xesús. Isso sim que é um reconhecimento importante. Por certo que seu amigo Antón deve estar lisonjeado! Uma leitura destas, que prende todas as atenções e desperta emoções, te#blgtk08#m mais que ser recomendada mesmo! Quem sabe um dia eu possa ler...Fiquei mesmo curiosa!
Parabéns então, à Antón e a você por transmitir tanta coisa positiva nesta carta aberta!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-01-2012 20:50)
2 Un grolo por ti e por toda #blgtk08#a túa xenerosidade. Grazas.
Comentario por Antón Riveiro Coello (24-01-2012 20:56)
3 Agora terei que#blgtk08# mercala eu !.
Comentario por paideleo (25-01-2012 00:31)
4 Xesús, fixeches tan bo comentario que xa #blgtk08#quedamos intrigados, haberá que mercala.
Comentario por E. Carpente (25-01-2012 22:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0