Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Comunicado da AELG pola dimisión do Valedor do Pobo
Achégovos un comunidado da Asociación de Escritores en Lingua Galega no que se pide a dimisión do Valedor do Pobo.

Subscribo todas e cada unha das súas palabras:

(A Coruña, 12 de decembro de 2011) A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recibe con profundo malestar a información que algúns medios de comunicación ofrecen no día de hoxe á cidadanía, a respecto de o Valedor do Pobo terse dirixido á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para que se retire ‑do mercado e das aulas nas que está en activo‑ un libro de texto de Coñecemento do Medio, en Educación Primaria, por recoller de xeito literal o disposto a respecto da lingua galega polo Estatuto de Autonomía no seu artigo 5.1., «A lingua propia de Galicia é o galego»; petición acollida, de xeito inmediato, por parte da propia Consellería de Educación, indicando que instará á editorial a «que corrixa con carácter definitivo» as próximas edicións da obra e advertíndo de que «En caso contrario teriamos que adoptar as decisións oportunas por parte da Administración educativa.»

Esta negación e deslexitimación da redacción do propio Estatuto de Autonomía é considerada pola AELG como unha gravísima actuación que ataca o principal soporte legal protector da nosa lingua (a súa consideración como propia e oficial), promovida como un ataque manipulador contra o principal trazo identificador do que somos e representamos no actual marco plurilingüe e pluricultural do Estado español.

A AELG quere deixar constancia pública da súa valoración como absolutamente inadmisíbel deste feito, un ataque máis á nosa lingua que nunca debeu terse producido, máxime tendo en conta que procede daquelas autoridades e organismos que deberan centrar a súa preocupación e esforzo en cumprir cos principais mandatos legais a este respecto: a súa protección real e promoción desprexuizada.

Desde a AELG, agardamos unha rectificación inmediata por parte do Valedor do Pobo, así como a súa dimisión, pois en reiteradas ocasións ten manifestado o incumprimento das súas funcións a respecto da defensa do galego como lingua normalizada.
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 12-12-2011 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Acompanhei estas noticias pelo seu facebook e, achei uma atitude totalmente desnecessária e incabível! Por certo, há outras prior#blgtk08#idades e mais emergenciais necessárias!
Que seja mesmo demitido! Ele poderia perfeitamente ter dormido sem esse barulho!!
Comentario por Solange Villamar Couto (13-12-2011 22:15)
2 Teño moito tempo sen pasar por aqui, pero quero acompañar co meu máis sicero apoio. E incribel que o Valedor do Pobo, así en galego, faga uso do seu poder para deslexitimar precisamente o que nos é máis prezado, a nosa ling#blgtk08#ua. Tal como di Solange, son ganas de gastar tempo e medios en cousas que están perfectamente. Podería porse a traballar polos dereitos, por acadar máis, por resolver expedeientes que ha de ter abondo, non por recortalos.
Comentario por E. Carpente (03-01-2012 14:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0