Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Algunhas preguntas no aniversario da catástrofe do Prestige
Hoxe hai nove anos que por primeira vez oímos falar do Prestige.

Hoxe hai nove anos que a costa nosa empezou a coñecer a terríbel chegada das toneladas de chapapote en gran parte pola inoperancia absoluta dos gobernantes de entón (Mariano Rajoy entre eles).

Quen deu a orde de que o barco maldito pasease por diante da costa nosa de arriba para abaixo e de abaixo para arriba?

Por que o goberno Aznar condecorou algún tempo despois da catástrofe provocada (en parte) polo seu mal facer ao señor Francisco Vázquez, daquela alcalde d'A Coruña?

Por que o presidente do Goberno Español, José María Aznar (o que dixo que andabamos "a ladrar o noso rancor polas esquinas") nunca veu visitar as zonas afectadas e só se achegou por aquí moito tempo despois para un consello de ministros extraordinario no Concello d'A Coruña?

Por que xa non se fala da máis que desastrosa xestión de todo o acontecido por don Mariano Rajoy, daquela ministro ds Presidencia e "coordinador da acción de goberno para paliar a traxedia" (e "señor de los hilillos" por comparar a densa e estensa masa de chapapote que saía das adegas do barco afundido con (hilillos de plastilina en desplazamiento vertical")

Por que ese señor continua aínda na política española (e aínda por riba a piques de se converter en presidente) se por activa e por pasiva ten demostrado unha inaptitude total en resolución de problemas?

É el quen vai ter que coordinar un consello de ministros para afrontar a crise que padecemos?

Non dirá outra vez este cabaleiro (que habita no país da súa fantasía) que a crise, o paro e a ruína económica de moitas persoas son "hilillos de plastilina en desplazamiento vertical" e a solución (como dicían nos días do Prestige) vai vir por si soa?

Fai falla ser mentireiro!

Fai falla ser demagogo!
Comentarios (1) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 13-11-2011 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Catástrofe evitable se non fose pola avaricia duns poucos; xestión pésima por quen non prevé situacións coma esta porque as súas prioridades están noutra parte; mágoa #blgtk08#porque aínda tiven que escoitar, de xente popular, que as indemnizacións foran tan arbitrarias e xenerosas que, en vez de "nunca máis", se estaba por... "outro máis".
Comentario por Guereñu (10-11-2012 15:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0