Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Na praia de Lourido
Fixen esta fotografía onte pola tarde na praia de Lourido, no Concello de Poio, onde vivo.

A marea baixa deixou aberto este longo camiño de area que se introduce no interior do mar, coma se quixese chegar até a illa de Tambo, o corazón da Ría de Pontevedra.

Era o momento en que o sol decidira empezar a baixar para agocharse detrás do horizonte, nos confíns do mar, ese momento en que deixa a súa pegada efémera na superficie da auga.

Foi unha ledicia camiñar por esa lingua de area rodeados de mar...

Chíos de gaivotas...

Arrecendos de algas...

Un momento que non ten prezo nin se deixa apreixar nas cotizacións das bolsas flutuantes nestes intres que estamos a vivir.

Hai cousas que non admiten prezo...

porque nunca se poderán pagar con diñeiro.

(Os paraísos ás veces están moito menos lonxe do que pensamos)



Comentarios (3) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 11-10-2011 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Que maravilha de paisagem! Isto, é tudo que eu mais gosto!!
Dificilmente encontro a praia assim, desta maneira, vazia. Em alguns momentos, até é possível e, ai não deixo passar sem os#blgtk08# devidos cuidados de apreciar ao máximo a maravilha que é a natureza!
É um momento único para esquecer todo e, qualquer problema que exista no mundo!
Não tem preço mesmo Xesús!
Comentario por Solange Villamar Couto (11-10-2011 22:39)
2 Fermosísimo lugar!! Temos que ter os ollos ben abertos para non perder estas marabillas todas que nos #blgtk08#rodean, e gozar delas, e deixar de banda todo o que non nos produce estes sentimentos tan especiais!!
Comentario por Eva Lozano (13-10-2011 11:24)
3 Que bo que teñas o paraiso tan perto da tua casa! E que bo que#blgtk08# saibas gozalo! Somos afortunados de vivir na Galicia.
Comentario por E. Carpente (17-10-2011 19:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0