Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

The Smiths: Heaven Knows I'm Miserable Now
Non sabería dicir moi ben por que, quizais polo meu coche novo cun lector de Cd que soa de vicio.

Non sei.

O caso é que levo varios días a escoitar música que rescatei do baúl dos recordos...

Entre eles esta canción (Heaven Knows I'm Miserable Now) de The Smiths que tantas veces escoitei nos anos oitenta.

Pechade os ollos e transportádevos a esa década tan chea de música e xa tan lonxana...

I was happy in the haze of a drunken hour
But heaven knows I'm miserable now...


A miña parte favorita sempre foi esa que di:

In my life
Why do I give valuable time
To people who don't care if I live or die?


(Por que dou o meu valioso tempo
a xente a quen non lle importa se vivo ou morro?
)

Cantas veces nas vosas vidas tedes sentido esa sensación de perder o tempo con xente que non vos interesa e á que non lle interesades?

Acabouse!

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-10-2011 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Moitas veces teño tido esa sensación!
Hab#blgtk08#íache ben tempo que non escoitaba isto!
Comentario por A nena do paraugas (03-10-2011 07:49)
2 Eu xa pillei a Morrissey na súa etapa en solitario, pero tamén escoitei, e teño, algúns CDs dos Smiths. Vaia#blgtk08# voz!! É unha música moi característica, moi británica e coidada, está moi ben!!
Un grolo por eles!!
Comentario por Eva Lozano (03-10-2011 11:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0