Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De ramón Cabanillas: Camiño longo
Que tal para hoxe un poema de Ramón Cabanillas ((1876-1959)?

Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !

Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta, ti onde me levas!

Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo da miña vida !

Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada...
¡vereda fonda, ti cando acabas

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-09-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Fermoso si, pero ben triste... Vaia uns tempos que lle tocou vivir!! Agora será mellor pensar nun camiño longo, cheo de#blgtk08# luz e alegría (malia a crise coido que ao seu carón temos moita sorte)!!
Un grolo polos camiños da felicidade!!
Comentario por Eva Lozano (28-09-2011 21:08)
2 Xa sabes do meu pesimismo acerca de determinadas cousas, sobre todo esta historia da crise, dos recortes e todas esas l#blgtk08#erias. O tempo que lle tocou a Cabanillas foi horrendo de verdade. Tes razón. Vaia o grolo polos camiños de felicidade!
Comentario por Xesús Constela (28-09-2011 21:34)
3 Nem todos os caminhos são flores. Espero, então, que venham caminhos melh#blgtk08#ores!
Un grolo por caminhos da felicidade e outro por Cabanillas!
Comentario por Solange Villamar Couto (28-09-2011 22:46)
4 Tamén me apunto ao do grlo pola felicidade e por Cabanillas!
E coincido nese pesimismo acerca destes tempos cheos de#blgtk08# problemas. A ver se van pasando, porque hai xente que está realmente mal e a moocidade merece unha oportunidade de futuro.
Comentario por A nena do paraugas (02-10-2011 06:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0