Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As paredes escoitan
Hai paredes que escoitan.

Hai paredes que saben dos nosos segredos

e das nosas conversas.

Hai paredes que saben de nós moito máis que o que nós sabemos,

quizais.

Hai paredes que escoitan a nosa respiración mentres durmimos

alleos a todos

alleos ao mundo

somerxidos en nós mesmos...

Hai paredes que oen os nosos movementos...


*A fotografía fíxena na cidade de Senglea, na illa de Malta, o pasado mes de xullo
Comentarios (8) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 19-09-2011 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Espectacular!! Se as paredes oísen... Ai, que medo rapás!!!! ;-)
Vaia foto, que orella máis ben feitiña, é xenial!!!
As#blgtk08#í que tocou Malta este ano!! Recomendas a visita?
Un groliño, de paso, polas paredes silandeiras, que por sorte non escoitan!!
Comentario por Eva Lozano (19-09-2011 20:34)
2 Maravilhoso Xesús!
Certamente as paredes escutam muitas coisas. As minhas, devem escutar grande parte dos meus pensamentos e, tornam-se, consequ#blgtk08#entemente, minhas aliadas e cúmplices!
Por certo que esta foto é maravilhosa!
Gostei muito da cara nova do "Tiñádelo que ver".
Comentario por Solange Villamar Couto (19-09-2011 21:43)
3 Por suposto que recomendo Malta. Unha illa moi fermosa cunhas cidades alucinantes, chea de historia e cunha costa única. E a xente encantadora#blgtk08#. O Tiñádelo que ver está aínda en proceso de reconstrución. Todo necesita un cambio de cando en vez. E ollo, que as paredes sempre escoitan!
Comentario por Xesús Constela (20-09-2011 09:02)
4 Aínda aparece na páxina unha horrenda "conxunc#blgtk08#ión de símbolos" que a afea e non dou quitado.
Comentario por Xesús Constela (20-09-2011 09:05)
5 Benvido Xesús, cáseque xa se vota de menos unha rutina diaria, voltar a este blog é unha das que máis desexo.
A orella de Malta é unha boa forma de comeza#blgtk08#r. Pode que agora se teña que chamar "Tiñádelo que ouvir"... é broma ou brincadeira, está ben como está.
Saudos a todos/as visitadores blogueiros.
Comentario por E Carpente (20-09-2011 14:19)
6 Que ben volver a estar todos xuntos!! Tes algunha idea de como se chama o virus que produce estas letras raras que saen en todas as mensaxes? Estiven procurando en Google e tes como eliminar moitas cousas raras. O que penso que máis semellanzas ten con e#blgtk08#ste é o que produce o dobre til. Se ten algo que ver, podes eliminalo seguindo os pasos que atoparás no seguinte enderezo: http://www.forospyware.com/t304317.html
Ao final da páxina tes un archivo .exe que é o que necesitas. Espero que funcione...
Comentario por Eva Lozano (20-09-2011 15:50)
7 Ponme realmente cabreado este horríbel signo.E o curioso é que só aparece nos comenta#blgtk08#rios. Non é cousa do meu ordenador tampouco (altamente protexido). Dáme tanta rabia
Comentario por Xesús Constela (20-09-2011 20:11)
8 que é máis que probábel que cambie de plataforma antes de que remate o ano porque Blogoteca non me ofrece ningunha solución. En fin: teñamo#blgtk08#s algo de paciencia e sigamos coma sempre antes da mudanza. Estaredes ao tanto. Benvidos todos de novo a este "Tiñádelo que ver" en obras!
Comentario por Xesús Constela (20-09-2011 20:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0