Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da desaparición de Galicia Hoxe.

Só quero informar da máis que lamentábel desaparición da edición impresa do xornal Galicia Hoxe.

Na súa páxina web dise:
A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego // Herdeiro de O Correo Galego, publicouse por primeira vez o 17 de maio de 2003 // Dezanove profesionais, entre periodistas e filólogos, quedan sen traballo // O Grupo Correo Gallego manterá o espírito do xornal na rede dende www.galiciahoxe.com

Vaia dende aquí a miña solidariedade cos empregados que quedan no paro!

Dende a chegada ao poder do presidentiño Núñez Feijoo xa desapareceron as edicións impresas de tres medios escritos integramente na nosa lingua: A Nosa Terra, A peneira e agora Galicia Hoxe.

(Entrementres outros xornais en castelán receben moreas de cartos (de todos nós) en subvencións públicas. Será para pagar favores electorais? Ti fala ben de min e eu págoche o que faga falla)

Un motivo máis para a indignación!
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 29-06-2011 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Con moita razón diciamos cando esta tropa chegou á Xunta "Medo me da do que poidan facer". Vese crariño que a eles o #blgtk08#que lles da medo é a cultura e a información. De seguro que andan a pagar favores, é o seu xeito de facer as cousas.
Comentario por Eva Carpente (29-06-2011 15:53)
2 Ebn parete gañaron esas eleccións pola (des)información#blgtk08# e polas mentiras, publicadas por moitos medios afíns.
Comentario por Xesús Constela (29-06-2011 19:06)
3 Unha mágoa, d#blgtk08#ende logo...
Comentario por Eva Lozano (30-06-2011 11:29)
4 É este país estraño que nos tocou vivir, que fox#blgtk08#e do propio coma quen escapa dunha enfermidade.
Comentario por Xesús Constela (01-07-2011 11:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0