Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O libro dos xogos, de Carola Soler
Unha das cousas que máis adoro na vida é andar a remexer entre os libros da miña biblioteca.

Por que?

Porque quizais cada libro me leva a unha época da miña vida que lembro con veradeiro luxo de detalles.

Onte din con este libro dos xogos do que escaneei a portada para volo ensinar: El libro de los juegos de Carola Soler (procurei información acerca dela no Google e atopei isto de 1966 na hemeroteca do xornal ABC) con ilustracións de Maríaa Jesús Lampreave (e terá algo que ver con Chus Lampreave, a actriz, chi lo sá!)

Non lembro moi ben como chegou ás miñas mans cando eu era pequeno. Está editado por Aguilar no ano 1965 e eu nacín no 63. Quizais un agasallo. Supoño que si.

Non imaxinades a cantidade de tardes que botei a xogar con este libriño (en parte inspirador do que aparece no meu Libro das alquimias, ese que tiña as follas amareladas polo paso do tempo e tiña a capacidade de voar).

O libro dos xogos non voa. Asegúrovolo.

Pero ten contidos abondo como para facer soñar.

Velaí vai un exemplo do capítulo de "Xogar en broma":

Ía eu para Guadalaxara e atopei un carro de xitanos.
Pregunteille ao xefe:
- Cantos son vostedes?
E o xefe contestou:
- Eu e máis sete mulleres, e máis os sete nenos de cada unha das sete mulleres, e máis os sete gatiños de cada un dos sete nenos de cada unha das sete mulleres.
Seguimos todos camiñando.
E eu pregunto agora:
- Cantos chegamos a Guadalaxara?
(e non cómpre que mires na páxina 83)


Na páxina 83 estaba a solución.

Que bos momentos pasei na compaña deste libro!
Comentarios (8) - Categoría: Libros antigos da miña biblioteca - Publicado o 19-06-2011 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Coido que os libros vellos collen algo de nós, de cada vez que os collimos, que os limos... Cando era pequena non lía os libros unha soa vez, se me gustaban podía lelos moitas veces, cousa que agora me resulta case imposible imaxinar. Así que os teño comigo, e a miña filla tamén ten lido algún,#blgtk08# así que agora tamén teñen algo dela... Son libros máxicos, especiais, onde escribía o meu nome, ás veces ata a data na que mos regalaban, cousa que agora tampouco facemos.
Este teu dos xogos semella xenial!!
Un grolo polos libros que transmiten sensacións, é dicir, case todos!!!!
Comentario por Eva Lozano (20-06-2011 11:39)
2 Este libr dos xosgos era unha especie de "libro de cabeceira" meu cando era pequeno. E perdino de vista ao longo de moitos anos até que volvín dar con el no faiado da casa de meu pai en Ferrol.#blgtk08# Foi un grato reencontro. Gratísimo. Abrilo foi volver á miña nenez. Tes razón. Os libros son moito máis ca papel escrito. Moitísimo máis. E que pracer escribir o teu nome nun libro, va que si?
Comentario por Xesús Constela (20-06-2011 13:31)
3 As vezes eu também faço uma reviravolta em meus poucos livros que restaram da minha mocidade. Sim, todos eles com as folhas amareladas e, um cuidado impressionante para que não rasgue as folhas de tão velhas!! Seria como rasgar o meu bem mais precioso!
Da minha infância não sobrou nada, lamentável, pois minha mãe não tinha o preparo suficiente como hoje temos e podemos passa#blgtk08#r aos nossos filhos, mas da minha adolescência, tenho vários, com a gramática bem diferente da atual, um linguajar complicado para os dias atuais,mas imprescindível.
Entre os mais velhos tenho um de cabeceira "Olhai os lírios do campo" de Érico Verísimo, meu companheiro inseparável!
O que eu espero é que conservem as minhas relíquias!
Un grolo por eles Eva!
Comentario por Solange Villamar Couto (20-06-2011 13:42)
4 Qué ben atopar libros antigos, algúns andaban perdidos, outros bastante esbandallados... pero ate teñen un cheiro especial. A min gústame comprobar a letra que tiña aos 12 anos. Ainda gardo o libro de lecturas de ingreso. Cánto me gu#blgtk08#staban aquelas lecturas. Hoxe non penso o mesmo, sobre todo das que tiñan como ambiente a guerra civil (estudiei na Compañía de Maria, pero aprendín moito neses libros.
A solución do xogo proposto e 401?. Seguro que ten truco.
Comentario por Eva Carpente (23-06-2011 16:48)
5 Adoro o cheiro do#blgtk08#s libros antigos!
Comentario por Xesús Constela (23-06-2011 18:58)
6 A solución... na páxina 83! (O Libro dos xogos di que "Só chego#blgtk08#u unha persoa: EU. Os xitanos viñan de Guadalaxara e non ían")
Comentario por Xesús Constela (23-06-2011 19:00)
7 Your Mulberry replica handbags within the equivalent kind will #blgtk08#simply promoting price a person one-fourth inside the similar.
Comentario por Mulberry Replica Handbags (13-07-2013 05:43)
8 Hoy mismo me han regalado un ejemplar de El libro de los juegos, que leí y disfruté mucho en mi infancia. He descubierto que la ilustradora es M. Jesús Lampreave, com#blgtk08#o tú dices. Buscando en Wikipedia leo que Chus Lampreave estudió pintura y en el 60 tenía 30 años. Todo cuadra. Buscando más información llegué a tu blog. Un saludo
Comentario por Paco López (02-03-2014 23:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0