Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Gonçalo M. Tavares: Aprender a rezar na Era da Técnica
Tras este título, Aprender a rezar na Era da Técnica, que me parece magnífico, agáchase unha obra mestra de Gonçalo M. Tavares, de quen xa tiven oportunidade de ler e comentar neste blog a novela Jerusalem.

Ambas as dúas forman parte da tetralogía O Reino, publicada pola editorial lisboeta Caminho.

Gustáronme tanto as dúas que xa encarguei as dúas primeiras novelas (Um homem: Klaus Klump e A Máquina de Joseph Walser) na miña libraría. E xa de antemán, mesmo antes de telas na miña biblioteca sei de certo que me van facer gozar da literatura de alto nivel.

De Gonçalo M. Tavares dixo Enrique Vila-Matas que "é un xenio de inmenso futuro". E eu non teño dúbida ningunha o respecto.

Recomendo a lectura desta Aprender a rezar na Era da Técnica, que narra a vida do Doutor Lenz Buchmann, a súa retorta posición co mundo e a arrevesada forma de se relacionar con todos cantos o arrodean, sexan familia, amigos, compañeiros de partido ou inimigos.

Escrita cun estilo de moi persoal e de moi alto nivel, de seguro que non vai deixar a ninguén indiferente.


Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 18-06-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sendo assim, estou certa de que é um tipo de leitura que não pode faltar nas pratel#blgtk08#eiras. Vou buscar por ela!
Obrigada por mais uma recomendação tão bem-vinda!
Comentario por Solange Villamar Couto (18-06-2011 20:19)
2 Non é un libro de lectura doada, por iso quizais me parece tan interesante. Por iso e pola historia que cont#blgtk08#a, a vida e Lenz Buchmann, que atrapa dende o primeiro momento. Un bo libro para amantes da boa literatura.
Comentario por Xesús Constela (19-06-2011 12:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0