Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Os animais non son pallasos
Vaia unha indecencia manter un animal na gaiola dun circo para entretemento do público que asiste ás funcións.

Eu cheguei a ver un hipopótamo pequeniño que vivía nun estanque de auga do tamaño de dúas bañeiras dentro dun carromato...

E unha carpa chea de elefantes amarrados ao chan por cadeas présas ás patas...

E leóns e tigres que esmorecían no interior dun remolque no que só podían dar apenas dous pasiños cando querían camiñar...

E un longo pesadelo de animais apreixados simpolemente polo pracer das risas do público.

Non.

Os animais non son os nosos pallasos!

(A fotografía, pertencente á campaña publicitaria Animals Are Not Clowns fíxoma chegar A nena do paraugas. Moitas grazas!)
Comentarios (5) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 07-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 É uma vergonha! Lamentavelmente ainda encontramos muitas destas situações, onde se vê os maus tratos e as condições precárias onde vivem estes animais.
A gente sente a tristeza do bichinho estampada nos olhos. É doloroso!
Se eu pudesse soltava os bichinhos e prendia estes canalhas da mesma maneira que eles fazem e, punha eles para fazer apresenta#blgtk08#ções a base de chicotadas da mesma maneira que eles são adestrados... Apanhando para aprender. Que absurdo!
E quantas vezes vemos animais abandonados porque já estão velhos e já não servem mais...
Este é um assunto que verdadeiramente me tira do sério.
Precisamos de mais campanhas e manifestações contrarias a este tipo de entretenimento.
Comentario por Solange Villamar Couto (07-05-2011 20:52)
2 Totalmente de acordo. Os circos son un lugar tristeiro, deberían estar máis controlados para que só nos fixásemos na arte que teñen os seus acróbatas. Se se limitasen a esas actuacións e deixasen de banda aos animais, que norm#blgtk08#almente só se pasexan por alí e serven para facer fotos cos nenos que valen aínda máis ca entrada, coido que iríamos máis ao circo. Eu á miña filla só a levei unha vez para que vise como era, e non quixo volver máis...
Comentario por Eva Lozano (08-05-2011 12:02)
3 Se tedes a oportunidade ide ver unha función do "Cirque du Soleil", porque é un dos espectáculos máis fermosos máis abraiantes que teño visto na vida. Asistín dúas veces en madrid e vin dúas funcións diferentes: "Quidam" e "Saltimbanco" #blgtk08#e repetirñía mil vreces máis. É un circo baseado nas persoas que non necesita de torturas animais para triunfar. Suxírovos que vexades este enlace: http://www.cirquedusoleil.com/es-es/home.aspx#/es-es/home/shows/details/saltimbanco.aspx
Comentario por Xesús Constela (09-05-2011 19:49)
4 A ese tipo de circo me refiro, ese si que é fermoso de ver!! Nunca puiden ir, pero espero poder facelo algún día!!
Aquí en setembro temos a Fira del Teatre al Carrer, onde centos de actuacións enchen as rúas e t#blgtk08#eatros de Tàrrega durante catro días. Moitas non veñen no programa, son xente que fai circo pola rúa, e son verdadeiros artistas. O que poden facer sen escenario nin medios!!!
Un grolo polos grandes acróbatas!!
Comentario por Eva Lozano (09-05-2011 20:20)
5 Estou dacordo en cato o trato que reciben os animais nos circos, zoos e outros lugares (non é o sitio aquí para falar do trato que reciben becerros, toros e vaquill#blgtk08#as...) pero sei de países donde os animais -para ser vistos polos humanos- están en relativa liberdade, de forma que os que deambulan enxaulados son os visitantes.
Comentario por Guereñu (10-11-2012 19:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0