Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A ver se espertan os editores galegos
Outro día do libro. Benvido sexa.
Hei recoñecer unha certa envexa de todos eses autores que nas rúas de Barcelona están a compartir o día cos seus lectores.

Hei recoñecer unha certa envexa dun sistema literario, o catalán, perfectamente enraizado na poboación.

Descoñezo acantidade de libros que poden estar a venderse na data de hoxe para seren intercambiados por flores.

Cando espertará o noso sistema literario aletargado de máis?

Debo insistir unha vez maís na miña teima de convidar os editores galegos afacer industria, industria de verdade, a industria que merecen o noso pobo e o noso idioma.

Unha vez máis poño o exemplo dese viño albariño que se fabricaba de xeito artesanal e se consumía nas casas. Agora véndese nas mellores viñotecas do mundo e consúmese como é de merecer, non podía ser doutro xeito, nos mellores rstaurantes, presente como está nas súas cartas.

Agradécese ao mundo editorial galego o pulo que lle deu á nosa literatura nos seus momenmtos máis difíciles. Non sería honesto negar a súa loita a contracorrente e os grandes logros conseguidos hai anos.

Pero teñen que poñer as pilas ou a nosa literatura esmorecerá no mesmo lugar onde naceu, co que o mundo perderá grandes obras de grandes autores.

Non podemos agardar que os nosos choscos gobernantes apoien algo que decididamente non é do seu interese. Non podemos contar con eles.

Un libro nace da man do seu autor e cando por fin se edita pertence á editorial e aos lectores, polo que é labor da editorial, non do autor, intentar facer industria, e a industria non medra se non existe risco e promoción.

Se non se venden libros acabaremos coma os poetas provenzais!

Os editores teñen que ir na procura de lectores. Nunca vai funcionar o asunto ao revés.

Nunca.
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 23-04-2010 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Da ruína de Ferrol Vello
Fixádevos que vergoña (e que horror!)

O barrio de Ferrol Vello, onde naceu a miña cidade, está completamente en ruínas!

Di a Xunta que non se pode nomear Ben de Interese Cultural polo estado de irreversíbel deterioro no que se atopa!

Isto é o froito da desidia das nosas administracións, especialmente dos diferentes alcaldes e corporacións de Ferrol, que nunca tiveron a iniciativa de recuperar o lugar onde a cidade naceu!

Unha vergoña.

Non hai outra palabra.

Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 21-03-2010 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
San Núñez Feijóo e os seus santos conselleiros
Defensor a ultranza do laicismo na sociedade non me parece nada ben que o noso Presidentiño viaxe no séquito do arcebispo de Santiago a Roma para ser recibido en audiencia polo Papa.

Peor aínda me parece peor que, xa de regreso na casa, e en calidade de representante de toda a sociedade, se refira a el como "Santo pai".

Tampouco me parece ben que o Sr. Conselleiro de Incultura (ese que dixo o de que somos unha cultura ensimesmada) diga dar saltos de alegría logo de coñecer que o "Santo Pai" (outro máis) vai visitar Santiago no vindeiro mes de novembro.

Non, señores da Xunta.

Non.

O Opus Dei, o seu club privado, é unha cousa e a sociedade para a que traballan élles outra.

Non se confundan.

Meu pai, por certo, o único que teño e recoñezo, chámase Alfredo e vive en Ferrol.

Visitámonos cada vez que temos ganas de facelo.
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 03-03-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro por tres bragas
A nosa amiga Eva Carpente fíxome chegar unha foto que paga a pena compartir.

Nin o ebook nin farrapos de gaita, o futuro da literatura está nos feiróns.

Que libros darán coas bragas da oferta?

Propoño tres títulos:
A enfermidade mortal de Kierkegaard
A crítica da razón pura de Kant
As confesións de San Agustín

Agardo que sexan do gusto do vendedor e das súas clientas.
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 01-02-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Da dimision do Conselleiro de Cultura
Hoxe un grupo de escritores galegos asinaron o seguinte escrito no que piden a dimisión do Conselleiro de Cultura:

O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que ?a cultura galega limita?, unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar ?limitados?? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario? Non pode. Agora precisou máis o diagnóstico, a cultura galega está ?ensimesmada e acomplexada?, expresión claramente ofensiva para os creadores e xestores da cultura de Galicia. Pero que, ademais, indica un descoñecemento claro do estado da nosa cultura, tanto no que atinxe ás obras como ao tecido industrial que as sustenta.

Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do premio nacional de literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor Conselleiro.

Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de cultura do goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico ?bombeiro pirómano?.

Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese inmediato de don Roberto Varela como Conselleiro de Cultura do goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa. El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, ?limitados?, ?ensimesmados? e ?acomplexados?, e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.


Trátase dos once escritores que recibiron algún dos chamados Premios Nacionais que anualmente outorga o Ministerio de Cultura (Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal)

Paréceme unha iniciativa moi boa pero tería sido moito máis interesante e aberta se pedisen a sinatura de moitos mais que estariamos dispostos a subscribir completamente o contido do escrito, cousa que tería sido moi doada de conseguir a tarvés da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, á que todos pertencemos.

Sexa como sexa dende este recuncho da rede eu tamén quereo pedir A DIMISIÓN DE ROBERTO VARELA!
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 25-01-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os cartos da folga para Haití!
Celebro a iniciativa xa apuntada por algún orados ao remate da manifestación do pasado xoves 21 en Santiago de que os cartos que se nos van descontar aos ensinantes pola folga contra o decretazo sexan enviados como axuda humanitaria para a poboación de Haití.

Unha idea brillante. A miña noraboa a quen a tivo!

Achégovos o texto da solicitude que tedes que enviar ao Conselleiro (por favor difundídeo):

ILMO. SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
E ORDENACION UNIVERSITARIA.
En ...., a .... de xaneiro de 2010.

Sr. Conselleiro

O meu nome é ___________________________________, o meu DNI__________________ e son profesor/a no Centro_________________________________________.


Coñecedor/a da catástrofe humanitaria que está a vivir a poboación de Haiti, tras o terremoto ocorrido o dia 12 de xaneiro.
Conmovido/a pola magnitude do sufrimento, pola fortaleza e a dignidade da maioria da poboación de Haiti.
Gratificado/a pola vaga de solidariedade individual, institucional e das ONG que día a día tentan aliviar a dor.
Consciente das dificultades, das necesidades urxentes e do valor económico da axuda humanitaria.

Gustaríame que vostede tomase a decisión de doar á poboación de Haiti a proporción do salario que se me vai descontar por secundar a folga do dia 21 de xaneiro do 2010 en contra do decreto do plurilingüismo.

Atentamete:

Asdo:
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 23-01-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Da vitoria de Feijóo naquel marzo nefasto
Só por pasalo ben un intre a costa daquela vitoria de Feijóo naquel marzo para sempre nefasto achégovos este video de El intermedio, o programa do Gran Wyoming na cadea La sexta.

Ride un pouco con humor san e sacade conclusións.

Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 23-01-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Da axuda da Xunta para Haití
Sabedes canto diñeiro vai aportar a Xunta de Galicia para a axuda humanitaria a Haití?

Quince mil míseros euros!

Si. Lestes ben. 15.000?

Esa mesma Xunta que compra e vende coches de luxo, esa mesma que gasta cartos a mans cheas en viaxes do Sr. Presidente por Latinoamérica, esa mesma que dá comelladas aos votantes potenciais, esa mesma que quere traer á súa Santidade para o Xacobeo, esa que investiu non se sabe canto diñeiro na maldita enquisa-trampa sobre a lingua, esa mesma que...

Quince mil malditos euros.

Case era mellor que os meteran no cu!

Ai, perdón, escapóuseme!...
Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 15-01-2010 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
O maldito Xacobeo
Onte presentouse en Santiago, nunha festa realmente chea de fasto, a programación do vindeiro Xacobeo 2010.

Estou xa farto de Xacobeos e de celebracións de carácter relixioso.

Odio realmente todo ese coñazo do camiño de espiritualidade e esas cousas. Quen queira camiñar pois que camiñe, quen queira ir en bicicleta que vaia e quen queira montar a cabalo ou en burro pois que monte, pero que nos deixe en paz aos demais.

Se quere a Xunta facer unha ruta turística que a faga pero que non invista nela esas mancheas de cartos que invisten sen vergoña de ningunha caste con ánimo de contentar á igrexa.

Seica entre as cousas que destacan no programa está algo así como unha especie de encontro internacional para o fomento da espiritualidade. Manda carallo!

Por que os poderes públicos teñen que facer esas cousas?

A Consellería de Cultura recortou toda caste de investimentos na cultura do país (as axudas á tradución de literatura, por exemplo) e vai e funde cartos de nós sen nos consultar no maldito Xacobeo.

Para colmo queren conviadar ao Bieito XVI!

Haberá que fuxir!
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 21-10-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Da trama Gürtel na casa
Inauguro categoría coa traída e levada trama Gürtel da que tanto se fala dende hai uns meses porque non podo ficar calado.

Hoxe resulta que o mal cheiro das cloacas do PP chegou a onda nós e mesmo Núñez Feijóo viuse na obriga de facer unhas declaracións.

Polo visto o PP de Galicia está pringado.

Vaia unha sorpresa iso de que os pepeiros de nós teñen contas segredas. Dáme a risa. É segreda acaso toda a montaxe que teñen nas Deputacións onde gobernan (afortunadamente só dúas: Ponevedra e Ourense)? Ou é vox pópuli que todo o seu oder estábaseado en cartos e subvencións?

Que clase de fiscalía temosen Galicia que nunca investiga nada cando dos pepeiros se trata?

Alégrome de que por fin saian á luz as contas do PP.

E e paso, por favor, que alguén investigue como funcionou aquela trama doslumes que asolaron a Terra no primeiro verán de goberno do bipartito, que non se investigou nada.
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 28-09-2009 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0