Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Erguerémo-la espranza!

Un vintecinco de xullo máis quixera compartir con todo o mundo os versos de Celso Emilio:

Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.

Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
[...]
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!


Pois iso:
SAÚDE A TODOS, COMPAÑEIROS!
Comentarios (0) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 25-07-2011 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Vergoñentas cifras de Educación
Ollade unhas cifras abraiantes que aparecen hoxe na prensa en medio dos "agasallos estivais" da Consellería de Educación:

- Galicia ten menos profesores por número de alumnos cá media estatal (8'9 fonte a 10'6)

- A pesares de ter no curso pasado 3.454 alumnos máis o número de docentes baixou en 353 persoas.

Conselleiro DIMISIÓN XA!






Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 05-07-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Lume, lume, lume e máis lume!
A fotografía que vos achego é do presidentiño este noso, deste que nos tocou en graza, no ano 2006, cando unha terríbel vaga de lumes asolou Galicia enteira de norte a sul e de este a oeste, unha vaga de lumes claramente intencionada e que obedecía a unha organización perfecta (mesmo ardeu Lavacolla cando aterraba o avión que traía a Rodríguez Zapatero)

Pero nunca máis se soubo.

Non houbo investigación ningunha por parte da Xustiza (en mans de quen estamos!)

Indicios claros que indican que se trataba dunha trama perfectamente artellada contra o goberno bipartito da Xunta logo de moitas décadas de gobernos do PP:

Ao día seguinte de comezar os primeiros lumes o xornal El Mundo falaba de que "a los brigadistas antiincendios se les pide saber gallego!" (para traballar en Galicia!)

Determinados alcaldes (algúns de novo electos nas pasadas eleccións municipais) tiñan xa impresas as pancartas de "Lumes nunca máis" (nunca perdoarán aquelas mobilizacións de cando o Prestige, que tanmto dano lles fixeron)

Ao PP faltoulle tempo para convocar manifestacións en Santiago pedindo responsabilidades...

Mesmo Rajoy e Núñez Feijoo (na imaxe que achego) foron ao monte vestidos de zapatito castellano a finxir que apagaban lume con mangueiras de xardín rodeados de fotógrafos nunha imaxe que dene logo non tiña prezo.

Hoxe Galicia está a arder de novo.

POr todas partes.

Hai avionetas e helicópteros a sobrevoar os nosos ceos a cada momento...

Onde estás Núñez Feijoo?

Onde están as vosas pancartas de "lumes nunca máis"?

Hipócritas!

Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 01-07-2011 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Outra visita máis do Señor Ratzinger!
O vindeiro mes de agosto o Señor Ratzinger visitará España para celebrar o que a igrexa católica chama Xornada Mundial da Mocidade (que supoño será unha xornada de exaltación da familia cristiá tradicional e do Opus Dei, coma sempre)

Gaspar Llamazares, deputado no Congreso, quere que o Goberno especifique cal vai ser o custe real desa visita. Entre outras cousas, quere que o Executivo diga se este gasto é compatíbel coa política de austeridade pola que a economía española está a pasar.

Llamazares ten especial interese en coñecer canto vai deixar de ingresar o Estado polas "exencións e incentivos fiscais" dos que se van beneficiar as entidades que colaboren coa viaxe do señor Ratzinger.

Non temos para pan e mercamos estampiñas!
Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 01-06-2011 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
A cinta de correr da Súa Maxestade
Nunha sociedade de catro millóns e pico de parados, con familias que van comer a comedores de Cáritas, con Expedientes de Regulación de Emprego por todas partes, con despidos e desesperadas situacións económicas, con bancos que quedan con fogares porque hai familias que non poden pagar as hipotecas, con recortes sociais de todo tipo...

Patrimonio Nacional de España vén de comprar para o Rei de España unha cinta de correr (a da fotografía) que custou máis de 14.000?, (exactamente 14.065,26) segundo denunciou o grupo parlamentar de Iniciativa per Catalunya no Congreso dos Deputados.

Seica a Súa Maxestade non podía afrontar o gasto cos cartos que o propio Estado lle dá?

Unha inmoralidade!
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 17-03-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Do Vieitezia luzmurubeae
O profesor do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Universidade de Alcalá de Henares Juan Junoy e Gonzalo Giriber e Sonia Andrade, da Universidade de Harvard, veñen de descubrir unha nova especie de verme mariño nas augas das Illas Cíes.

Abraiante saber dunha criatura nova cando xa parece que coñezamos todo o mundo que nos rodea.

O vermiño mide dous cm de lonxitude e polo visto ten unha cor rechamante (Achégovos unha fotografía) e vive no litoral galego entre algas e rochas de gran profundidade.

Puxéronlle á criatura o fermoso nome de Vieitezia luzmurubeae en honra de dúas persoas:
O xénero vieitezia por José Manuel Vieitez, mestre dos biólogos e catedrático de zooloxía da Universidade de Alcalá.
O nome específico luzmurubeae pola mergulladora e bióloga Luz Murube.

Un dos aspectos máis interesantes deste verme mariño é a súa vida sexual porque é hermafrodita sucesivo: primeiro actúa como macho e despois como femia.

(Abraiante, non si?)

Polo visto ademais de ser unha nova especie é tamén un novo xénero dentro dos vermes nemertinos.

Benvido aos libros de bioloxía, meu rei!
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 13-03-2011 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Da misa do PP de Poio
O Partido Popular celebrou onte unha misa do Mosteiro de Poio.

O crego falou, segundo recolle o Faro de Vigo, en medio de cartaces electorais do PP.

Por se tiñamos algunha dúbida ao repecto agora xa sabemos quen considera que deus está do seu lado.

Haberá que lles lembrar a algúns aquela pasaxe bíblica da expulsión dos mercadores do templo.

Manda truco!

Comentarios (9) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 07-03-2011 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Aldraxe á Guinea Ecuatorial
Estes días en que o mundo enteiro está a celebrar as caídas dos ditadores da Tunisia e do Exipto unha comisión de deputados do Parlamento Español vén de facer unha visita a Guinea Ecuatorial na que se fotografaron con Teodoro Obiang no decurso da cal o presidente do Congreso dos Deputados Español, José Bono, dixo a seguinte perla ao ditador que rouba o diñeiro dos guineanos e os esmaga con fereza:

"Es muchísimo más lo que nos une que lo que nos separa"

Pero que tomadura de pelo é esta, señor Bono?

Súmome ás protestas do escritor Juan Tomás Ávila
en folga de fame dende a indigna visita dos parlamentarios españois.

Dende o lugar onde se oculta en Malabo Ávila explicou á prensa por que a visita da delegación española foi o detonante da súa folga:
"El Gobierno de Guinea es criminal. Si el presidente del Parlamento español, cuyos miembros no son criminales, se reúne con Obiang, está claro que está defendiendo su régimen, por lo que se convierte en cómplice de la maldad asesina."

Unha aldraxe ao pobo guineano esta máis ca desafortunada visita.

Non falaron nada de dereitos humanos.

Nada!

Por certo, que os parlamentarios españois que encabezaron, xunto con Bono, a delegación que viaxou a Guinea son:
Josep Antoni Duran (CiU), Gustavo de Arístegui (PP) e o socialista Álex Saiz.

Xa poden durmir tranquilos!
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 13-02-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
francohamuerto.com
Acaba de nacer francohamuerto. com, unha plataforma en apoio de Baltasar Garzón, expulsado da carreira xudicial española logo de intentar investigar os crimes do franquismo.

Un dos impulsores da plataforma é o actor e cómico Leo Bassi, que onte en Madrid fixo unha presentación sobre un Valle de los caídos inflábel como eses que os nenos usan nas festas para saltar.

Chamoulle "Francolandia" e convidou o público a saltar.

Dixo que se trataba dun exorcismo.
Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 20-01-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrol para os chineses

Veño de saber que a miña cidade, Ferrol, para o Google dos chineses segue a chamarse El Ferrol del Caudillo!

Manda truco coas novas tecnoloxías!
Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 20-01-2011 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0