Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

José Saramago: A flor máis grande do mundo
Sen comentarios pola miña parte déixovos na compaña desta obra mestra de José Saramago, narrada por el mesmo e con dirección de Juan Pablo Etcheverry , para que gocedes dela coma homenaxe ao seu autor.

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 19-06-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
De Kazuo Ohno

Veño de saber da morte de Kazuo Ohno.

Achégovos este vídeo para que vexades que personalidade hai detrás do nome e canta plasticidade pode ter o corpo dun ser humano.

Sempre sentín admiración por toda a xente capaz de dicir tantas cousas sen utilizar unha soa palabra, un só sonido.

Morreu un grande.

Veña un grolo por el!

Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 07-06-2010 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Voan os pingüíns?
Nos intres de máis traballo non podemos desesperar.

Nos intres de máis traballo debemos ter a paciencia necesaria para chegar os ao final, para conseguirmos acadar a meta que procuramos.

Se nunca perdemos de vista o obxectivo plantexado poderemos mesmo demostrar que os pingüíns saben voar!

Por certo, que a animación que vos achego é de Fabrice Senia con realización de Alban Lelièvre.


Comentarios (8) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 06-06-2010 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ted Eshbaugh: O mago de Oz
Que queredes que vos diga?

Encántame este debuxo animado de 1933 baseado no libro O mago de Oz e realizado por Ted Eshbaugh.

Igual que na famosa película da Metro, dirixida por Victor Fleming e protagonizada por Judy Garland no ano 1939, Kansas está en branco e negro e a terra de Oz en cores.

Benvidos á Terra de Oz, quizais un bo lugar para escapar nestes tempos duros que corren.

Retornade á nenez por uns intres e gozade da películiña porque é moi boa.

Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 03-06-2010 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Lottie Kingslake: A tormenta
Falamos moitos estes días de crise e de xustiza inxusta (ou polo menos con aparencia de selo)... Falabamos de tormenta; da mesma que Lottie Kingslake amosa neste vídeo que vos achego.

Lottie Kingslake é estudante de animación na Universidade de Bristol (Inglaterra) e de seguro que vai ter un brillante futuro.

Velaí vai The Storm (A tormenta):



Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-05-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Olly Williams: O furado negro
Moitas veces unha sorpresa agarda por nós no lugar máis inesperado e á hora máis imprevisíbel.

Mais cómpre andar con moito coidado á hora de tirar proveitos delas.

A curtametraxe é de produción británica e está dirixida por Olly Williams e Phil Sampson no ano 2008.

Coidado coas sorpresas a primeiras horas da mañá!

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 28-04-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Jiri Barta.- Domecku var
O título orixinal en checo desta xoia de Jiri Barta é Domecku var que debe de ser algo así como Cook, Mug, Cook, segundo di o subtítulo que aparece ao comezo.

Descubrín a Jiri Barta hai moitos anos grazas a un amigo que me convidou a ver un vídeo magnífico acerca duns vampiros que vivían nunha cripta (The Last Theft). Era magnífico. Encantaríamo colgalo no blog pero é unha curtametraxe de arredor de media hora e non é posibel.

Gozade desta obra de arte en 3D porque paga a pena vela con calma.

Comentarios (8) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 21-04-2010 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Pina Bausch: A consagración da primavera
Chegou por fin con forza a primavera e, tal como canta Silvio Rodríguez "Mi casa ha sido tomada por las flores":

Mi casa ha sido tomada por las flores.
Traigan copas, traigan vasos
al derrame de colores.
Mi casa ha sido tomada por las flores.
Vengan almas y retazos:
voy a repartir canciones
.

Hoxe por fin sentei a escribir debaixo dun gran parasol que estaba agachado nun recuncho do inverno.

Achégovos este video do Tanztheater Wuppertal cunha coreografía, como non, de Pina Bausch para a obra de Stravinsky para que poidamos por fin "consagrar" a primavera e comecemos a gozar de todo canto de novo poida ofrecernos.




Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 11-04-2010 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Que é iso?
Hai cousas que non precisan comentarios, e unha delas é esta peliculiña grega de Constantin Pilavios que vos achego.

Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-03-2010 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Michel Ocelot:: Príncipes e princesas

Achégovos un magnífico episodio da película de Michel Ocelot Príncipes e princesas.

Aínda que a versión orixinal é en francés e a peza que vos achego está en italiano creo que é unha desas películas que non necesitan de moitas palabras para que se poida comprender a súa mensaxe.

Por medio da técnica das sombras chinesas Michel Ocelot trasládanos á suntuosa elegancia dun xardín francés onde unha princesa e un príncipe se prometen amor mutuo a través dun bico que ten "efectos secundarios" inesperados...

Unha verdadeira xoia para gozar!





Comentarios (9) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 21-02-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0