Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Va pensiero de Nabucco de Verdi
Ollade esta abraiante representación da ópera Nabucco de Verdi.

Trátase do coro da Metropolitan Opera House de Nova York a interpretar a famosa canción Va pensiero no ano 2002.

(Cativos e encadeados, os hebreos evocan con saudade a patria perdida antes de que Zaccaría, o sumo sacerdote xudeo, se achegue para tentar de consolalos, decíndolles que o fin de Babilonia xa se achega.)

A escenografía non pode ter máis plasticidade.

Unha xoia!

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 10-10-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
De Gary Nadeau: Pizza Verdi
Unha fermosa mañá de sol na que atopei esta xoia, Pizza Verdi de Gary Nadeau, na rede.

As cousas nunca adoitan ser o que parecen!

Comentarios (0) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 12-06-2011 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Waste land: Como facer arte co lixo
Quero convidarvos a verdes Waste land, unha magnífica película documental que narra todo o proceso creativo do fotógrafo brasileiro Vik Muniz, que parte de Nova York cara a Rio de Janeiro para traballar nun proxecto artístico cos recolledores de lixo do vertedoiro de Jardim Gramacho, o maís garnde do mundo.

Waste land é un perfecto achegamento ás vidas miserábeis pero infinitamente dignas das persoas que día e noite traballan entre todos os refugallos da superurbe para ver de sacar diñeiro para vivir.

É unha homenaxe á dignidade dos pobres do Brasil (e do mundo enteiro).

Vik Muniz consegue facer arte no último lugar onde parecería poderse facer e para iso conta coa axuda dos propios recolledores de lixo.

As fotografías que fai, que acadan prezos insospeitados e nin sequera soñados polos recolledores de lixo, son verdadeiras marabillas.

Todo o diñeiro conseguido con elas nas grandes subastas internacionais de arte e en varias exposicións nas mellores salas de América e Europa, así como o diñeiro conseguido coa película (premio do público no Festival de Sundance e candidata aos Óscar na pasada edición) foi destinado a mellorar as condicións de vida dos recolledores de lixo de Jardim Gramacho.

Un grolo enorme por eles e pola súa dignidade e outro pola abraiante iniciativa de Vik Muniz!



Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 07-06-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Monty Python: A vida de Brian (2)
Logo dos comentarios de onte acerca da escena que colguei d'A vida de Brian de Monty Python decidín que é unha boa iniciativa esa de ollar sempre o mellor lado das cousas.

Sobre todo nestes tempos en que as cousas non pintan nada ben.

Always look on the bright side of life...

Dende logo o remate perfecto para unha película moi ben feita.

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 31-05-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Monty Python: A vida de Brian
Debín de ver A vida de Brian de Monty Python polo menos seis veces dende a súa estrea no cinema até algunhas veces pola televisión.

Por casualidades varias vina en diferentes países e tamén en diferentes linguas, aínda que prefiro a versión orixinal en inglés porque as voces dos actores son magníficas.

(Precisamente unha das meirandes orixinalidades de Monty Python consistía en xogar cos sexos e as voces dos actores.)

Déixovos coa miña escena favorita: O apedreamento.

Todo un clásico.

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 30-05-2011 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Mouseland
Tommy Douglas foi o encarfgado de difundir no mundo Mouseland, unha fábula política que moi ben serve para explicar os porqués da actividade política máis recente (e non moi diferente do pasado) neste país noso (e noutros moitos lugares do mundo tamén).

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-05-2011 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Symmetry
Achégovos este vídeo (unha verdadeira alfaia) da axencia Everynone de Nova York.

Coma o seu propio título indica trátase dun perfecto xogo de simetrías, contrastes, opostos... (Como queirades chamalo).

A pantalla divídese verticalmente en dúas metades para enfatizar aínda máis a mensaxe.

Unha obra perfecta!

Symmetry from Everynone on Vimeo.

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 01-05-2011 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Stefan Schabenbeck: Escaleiras
Achégovos un video titulado Schody (Escaleiras)do ano 1969 do realizador polaco Stefan Schabenbeck

Un home sube por unha escaleira sen fin e el mesmo convértese no derradeiro chanzo.

Unha metáfora de moitas cousas.

Abraiante!

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 24-03-2011 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
De Michael Madsen: Into Eternity
Into Eternity é unha película documental de Michael Madsen que fala de Onkalo, un lugar onde se está a construir o cemiterio nuclear que vai acoller os residuos das centrais nucleares finlandesas.

Trátase dunha obra faraónica formada por unha rede de túneis furados na dura rocha até máis de 400 metros de profundidade.

É o primeiro intento para dar unha solución definitiva aos peigosos residuos radioactivos das centrais finlandesas para os vindeiros 100.000 años!

É un monumento funerario ao espellismo nuclear para protexer as futuras xeracións da radioactividade, que non se ve, non se nota ni se cheira, pero que mata tras dunha curta exposición a ela.

O documental está filmado coma se fose unha advertencia para os moradores da zona dentro de cen mil anos.

Como poderemos avisar aos nosos descendentes da presenza deste residuo mortal?

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-03-2011 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
De Humphrey Bogart

Onte, catorce de xaneiro, cumpriuse un cabodano máis do pasamento de Humphrey Bogart (morreu en 1957) e non podo evitar traelo ao Tiñádelo que ver.

Por que?

Polos bos momentos que teño pasado no cinema.

Non sei con que película quedar.

Casablanca, ou O bosque petrificado, ou O falcón Maltés, ou Cayo Largo, ou O tesouro de Sierra Madre, ou A condesa descalza, ou O soño eterno...

Era o seu xeito persoal de actuar: esas frases que ficaron para sempre na memoria colectiva (Levántese, señorita, que semella vostede un pequinés!), o cigarro na man e o seu xeito de fumar, a gran cantidade de bos directores cos que traballou...

Unha lenda.

Sen dúbida.

Play it again, Sam.

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-01-2011 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0