Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do xenocidio támil (1)

O sábado pasado presenciei en Londres unha enorme manifestación que rematou en Hyde Park baixo a chuvia. Eran milleiros e milleiros de persoas a pedir o cese dos abusos do exército de Sri Lanka sobre a poboación támil.

Todos temos oído falar de Sri Lanka, esa illa no océano Índico, xusto no sur da India. Esa illa que antes se chamaba Ceilán, moi famosa pola calidade dos seus tés.

E agora tamén famosa polo xenocidio:

De acordo coa ONU máis de 2.800 civís támiles , incluídos centos de nenos, foron asasinados nos dous primeiros meses de 2009!

Que está a acontecer?

- Hai unha guerra de liberación entre os támiles e o Estado de Sri Lanka.

- O exército de Sri Lanka utiliza bombas de dispersión contra obxectivos civís. Todos os hospitais foron bombardeados.

- Non hai nin medicinas nin comida.

- Ás axencias humanitarias, como ACNUR por exemplo, non se lles permite o acceso ao territorio támil.

- Tampouco se permite o acceso dos medios de comunicación á zona para eliminar testemuñas do xenocidio.

Falaremos máis acerca deste horrendo tema agachado entre parvadas mil nos nosos xornais de cada día, oculto nos lugares máis recónditos das nosas emisoras de radio e das nosas televisións.

Aquí podedes entrar nunha das webs en contra do xenocidio.

Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 16-04-2009 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Antiglobalización en Londres

Bastante desapercibido pasou en Londres o movemento antiglobalización. Apenas unha estación de metro pechada (Bank) en pleno corazón da City (o centro financieiro do Reino Unido) debaixo do Banco de Inglaterra, e unha boa morea de medidas de seguridade impostas pola policía metropolitana: rúas cortadas, edificios protexidos por grandes paneis de ferro, e moito axente co dedo no gatillo da metralleta preparado para disparar en caso de necesidade. O importante era protexer os "dignatarios" de vinte países chegados para se reunir e ver que facer cunha crise que se lles vai das mans e da que nin adiviñan o remate.

Quédome cunha pancarta xigante pendurada dun edificio nos Docklands, xusto esa que aparece na fotografía que vos achego, feita por min mesmo dende a outra beira do Támesis. SMASH CAPITALISM (ESMAGADE O CAPITALISMO)

Londres funcionou exactamente igual que calquera outro día do ano, con cumio ou sen el.

A cidade espreguizouse coma calquera mañá e tamén coma calquera noite marchou durmir, sempre tan viva e tan orgullosa e si mesma.

Iso xustamente é o que sempre admirei dela: o orgullo de saber que ocupa un lugar no mundo que de ningún xeito está disposta a deixarse arrebatar.

Volveremos falar dela.
Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 04-04-2009 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Da pena de morte no mundo!
Segundo informa Amnistía Internacional ao longo do ano 2008 producíronse no mundo DUAS MIL TRESCENTAS NOVENTA execucións, o 72% na China.

Vaia unha vergoña!
Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 24-03-2009 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Experimento sobre a carraxe nº 1
Logo de lerdes o post anterior (Da África famenta) deixade os vosos comentarios a esta foto, por favor:
Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-02-2009 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Da África famenta

Quen pode ficar impávido perante unha fotografía coma esta?

Dóeme con horror a África da fame intensa,
a África do bandullo inchado pola ausencia de alimento,
a África das colleitas perdidas pola seca, que cando cae faino dun xeito implacábel,
a África dos millóns de moscas a pasear pola face das persoas deitadas sen poderen facer nada para levar algo á boca, sexa comida ou sexa auga...

Recorro de novo a Kapucinski:

"Morrer en masa significa que un home morre só, pero coa excepción de que ao mesmo tempo, e tamén só, morre outro home. E na mesma soidade outro..."

Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-02-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro (3)
Acabo de saber pola radio da morte de Eluana Englaro.
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-02-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro (2)
Dúas frases para avivar o debate:

Bieito XVI, o Papa, onte na Praza de San Pedro, en Roma:

"La vita umana è bella
anche se avvolta dal mistero della sofferenza
"
(A vida humana é fermosa, mesmo envolta no misterio do sufrimento)

Beppino Engaro, o pai de Eluana, nunha entrevista no xornal El País, onte:

?A condena a vivir baixo calquera condición é moito peor ca unha condena a morte?

É o sufrimento un misterio?
A vida de Eluana é fermosura ou condena?
Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-02-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro

Eluana Englaro aínda non ten vinte e nove anos.
Vainos facer en novembro.
Leva dezasete en estado de coma vexetativo logo dun accidente de coche.

Postrada nunha cama de hospital, seu pai conseguiu da Xustiza Italiana o dereito a "desconectala" para deixala morrer con dignidade.

Silvio Berlusconi négase a asinar a autorización para que os médicos poidan facelo.

O Vaticano, como era de agardar, oponse frontalmente ao que considera unha aberración.

Mesmo as monxas da clínica Beato Luigi Talamoni, en Lecco (norte de Italia) piden poder seguir a coidala.
"Se hai quen a considera morta, que deixe que Eluana permaneza connosco, que a sentimos viva"

Ábrese o debate!


Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-02-2009 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Nova categoría.: África no corazón
Engado unha nova categoría ao meu blog:
África no corazón
Agruparei nela todas as novas e reflexións acerca da inxustiza nese continente. Agradaríame non ter que facelo.
Pero xa o dixen o outro día.
Dóeme África.
E dóeme moito.
Comentarios (0) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 03-02-2009 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Das inmigrantes subsaharianas
Escoiteino hoxe na radio:

O 75% das mulleres subsaharianas que intentan chegar a España son maltratadas

As que intentan chegar ilegalmente son vítimas de violacións, vexacións e maltrato.

Varios datos aportados pola emisora (varios calafríos):
- Algunhas quedaron preñadas en máis de oito ocasións.
- Moitas foron deportadas polas autoridades españolas en avanzado estado de gravidez (até oito meses).
- Algunhas foron deportadas a países que nada teñen que ver cos seus.

A noticia é un verdadeiro pesadelo de palizas, violacións e deportacións ao deserto.
Non podo menos que sentir noxo.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 03-02-2009 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0