Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos bancos e Haití
Sabiades que hai bancos que cobran comisións á xente que está a ingresar cartos nas contas solidarias con Haití?

Vaia noxo!
Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 19-01-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Haití no corazón
Colleume a noticia do terremoto de Haití, coincidencias da vida, a escoitar A canción da Terra de Gustave Mahler.

Que clase de canción macabra e sinitra cantou a terra no intre de asolar Porto Príncipe?

Por que?

Por que sempre os máis miserábeis de entre os miserábeis reciben estes castigos?

Por que?

Están os xornais cheos de fotografías e de crónicas da arrepiante situación na que vivía inmersa a poboación de Haití.

Foi necesario o terremoto para que o mundo enteiro se puxese mans á obra para axudar ao país maís pobre de América e un dos máis miserentos do mundo?

Pero que clase de canción cantou a terra en Haití?

A foto que vos achego é dun barrio de Porto Príncipe antes do terremoto. Como estará agora a zona que aparece retratada?

Non podo nin imaxinalo!

Pero que clase de canción cantou a terra en Haití?
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 14-01-2010 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
De Conservas Alfageme

Vaia a miña solidariedade toda cos traballadores da conserveira Alfageme, que levan varios meses sen cobrar e aínda ninguén lles dixo o que vai pasar cunha empresa que foi punteira no tecido industrial galego e está a ir a pique por mor dunha mala, malísima, xestión dos seus actuais propietarios, a familia Lago, que aínda por riba recibiron diñeiro das autoridades.

Seica detrás da mala xestión se atopa un escuro interese inmobiliario por vender os valiosos terreos onde as súas factorías se asentan, especialmente na cidade de Vigo.

Viva a loita dos traballadores de Alfageme!

Votade acerca da saída da familia Lago da empresa aquí.
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 13-01-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Desa Italia que dá medo
Ollade esta terríbel noticia que publica hoxe o diario El País.

O brote de violencia racial en Italia aviva o debate sobre os inmigrantes

Eles, os italianos, que emigraron coma nós polos catro cantos deste mundo, que coñeceron penurias e inxustizas, que nevegaron polos mares coma escravos...

Eles votaron un goberno que dá medo!

Dende detrás de todas esas historias cutres de sexo puro e duro na mansión de Berlusconi en Córcega, dende detrás das cirurxías estéticas e dos implantes capilares do presidente, dende detrás das súas bromas de mal gusto nos cumios europeos comeza a agromar a realidade.

E a realidade é a persecución do inmigrante, as malleiras nocturnas ao mellor estilo dos nazis, a detención dos "sen papeis"...

Esta Italia dame medo. Xa o dixen algunha vez neste recuncho virtual.

Como podemos parar esta tolemia?

Que podemos facer para deter a loucura que parece ter apreixada a Italia toda?

Comentarios (9) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-01-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Todos co Sahara
Interesantísima web de solidariedade co Sahara;
http://www.todosconelsahara.com/video3.asp
no que poderedes escoitar a Eduardo Galeano.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-12-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Do Tribunal Constitucional
Hoxe é o XXXI aniversario da Constitución Española e quero achegarvos unha pregunta:

Reflexión acerca do Estatuto de Cataluña: Vale máis a opinión do Tribunal Constitucional (un grupo de xuíces sentados arredor dunha mesa ao longo de horas e máis horas) que a vontade popular tres veces reflectida a traveso de cauces democráticos: dúas votacións parlamemtares e un referendo?

Pero en que clase de país vivimos?
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-12-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
No Berlusconi Day

A proposta de moitas organizacións cidadás italianas hoxe é o Día Internacional contra Silvio Berlusconi, Primeiro Ministro de Italia, logo de que un capo da Cosa Nostra denunciase as súas vinculacións coa Mafia siciliana.

Únense a esta denuncia persoeiros da talla do meu admirado xornalista Roberto Saviano, de indudábel e recoñecida traxectoria contra as organizacións mafiosas italianas.

Non a Berlusconi, berremos tamén dende aquí.

Non a un individuo que ri da lei, que se mofa das máis altas institucións tanto do seu propio país como europeas e que ten comportamentos verdadeiramente racistas e autoritarios que de xeito constante fan lembrar o fascismo de Mussolini.

Achégovos un video da campaña desenvolvida estes días en Italia para apoiar as manifestacións anti Berlusconi que se van levar acabo na xornada de hoxe polo mundo enteiro.



Non podemos maís... Hai alguén no noso país que nos fai avergoñar día tras día... Basta! Non podemos permitilo!... Digamos non a quen aofende a xustiza... Hoxe 5 de decembro pedimos a súa DIMISIÓN!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 05-12-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
De Saramago e Aminetu Haidar
Interesante entrevista no xornal El País a José Saramago acerca de Aminetu Haidar, con quen se reuniu no aeroporto de Lanzarote.

"Seremos moralmente máis pobres se Aminetu Haidar morre." (José Saramago)

Interesante tamén o artigo de opinión de Carlos e Javier Bardem no mesmo xornal.
Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 04-12-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
De Aminetu Haidar
Vaia dende aquí a miña solidariedade con Aminetu Haidar, que leva xa quince días en folga de fame no aeroporto de Lanzarote para chamar a atención do mundo acerca do problema do Sahara, un pobo que leva máis de trinta anos a agradar polo recoñecemento dos seus dereitos nacionais a ter un territorio propio.
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 29-11-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
FAME!
A mala noticia do día, que aínda que agardada é mala sen paliativos:

55 millóns de nenos menores de cinco anos sofren desnutrición aguda en todo o mundo

Cada minuto morren nove meniños

segundo un informe de Médicos sen fronteiras.

Non teño palabras nin quero engadir imaxes!
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-10-2009 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0