Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Condenada a morte no Irán
Chámase Sakineh Mohammadi Ashtiani.

Ten 43 anos.

É iraní.

Ten dous fillos.

Está condenada a morrer lapidada logo de ser enterrada até o peito.

Sakineh confesou o seu delito de adulterio logo de recibir 99 lategazos!

Segundo Amnistía Internacional e a Campaña Internacional polos DEreitos Humanos en Irán o que acontece con Sakineh é a regra no país.
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-07-2010 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Meniños envelenados con chumbo!
Unha vez máis a realidade é tan tráxica que case impide facer comentarios.

En Nixeria, na estado norteño de Zamfara:
Máis de 100 nenos morreron envelenados en Nixeria en semanas recentes logo de que residentes empezaran a excavar ilegalmente minas de ouro que posúen altas concentracións de chumbo.

A mesma noticia por Reuters e o xornal El Mundo.

A usura humana carece de escrúpulos.

E o mesmo leva anos a acontecer na China, onde a presenza de chumbo no sangue de moitos meniños que habitan poboacións cercanas a fábricas onde se trata este material.

Non teño palabras.





Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 12-06-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Da inxustiza do burka

Asegúrovos que cando vin esta fotografía que vos achego sentín unha carraxe atroz.

Esas dúas mulleres totalmente cubertas con burkas no maleteiro dun coche coma se fosen vulgares mercadorías espertou en min unha sensación tal de indignación que non teño palabras para expresala.

A foto está feita en Afganistán.

Mozos que traballan para os talibáns patrullan as rúas con látegos e paus na procura dunha unlla pintada, un nocello descuberto, unha gargallada...

A incipiente sociedade civil de cidades como Kabul, na que a muller comezaba a gozar dun papel social relevante, quedou borrada polos talibáns. Entre as ducias de miles de empregadas públicas enviadas ás súas casas había 7.790 mestras.

Debaixo do burka, a ollada dunha nai non existe. Non existe tampouco o su rostro, a súa voz distorsiónase e é imposíbel o contacto coa súa pel.

O 97% das mulleres afganas dan a luz nas súas casas porque teñen prohibido acudir a médicos varóns. A maternidade Malalai está rodeada por un muro de cemento construido polos talibáns, con dúas xanelas diminutas. Do outro lado acampan os homes que agardan polas mulleres ingresadas. Só poden falar con elas a través desas xanelas.

E todo isto sen falar de lapidacións e outras barbaridades.

Vaia unha merda de sociedade!

Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-05-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pola liberdade de expresión
Hoxe é o Día mundial da liberdade de prensa, instituído pola UNESCO.

Que grande sería non ter que reivindicar nunca máis a liberdade de expresión neste mundo noso.

Cantos xornalistas non poden desenvolver o seu traballo por presións de índoles diversas!

Cantas persoas non poden falar con voz alta e clara para dicir o que pensan!

Véñenme á cabeza montañas de exemplos.
Son tantos os camiños utilizados para pechar xornais, para prohibir informacións, para proscribir o uso de determinadas linguas nos medios de comunicación...

Veña un grolo por todos os valentes que claman contra das inxustizas con voz alta e clara!

Que nunca ninguén teña que ficar calado pola imposición daqueles que só cren no pensamento único!

Viva a información libre!


Comentarios (9) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 03-05-2010 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Dos indios de Brasil
Hoxe é o Día do Indio no Brasil.

A fotografía enviouma Solange, visitante diaria deste Tiñádelo que ver, e está feita por ela.

Vaia unha imaxe fermosa a desas catro persoas a falar tranquilamente á beira do mar na praia de Bertioga, xusto á beira dese mar polo que chegaron os invasores para expoliar as súas terras!

A terra pertencía (pertence) ao indio, do mesmo xeito que lle pertencían (pertencen) as súas palabras, os seus bailes, a súa música, os seus costumes arrebatados pola man sen escrúpulos do colonizador.

Que ficou de todo iso?

En calquera recuncho do mundo a colonización deixou fondas e indestructíbeis pegadas da usura europea que nunca imos ser quen de poder recompensar.

A deforestación da Amazonia avanza a pasos de xigante e en cada avance hai unha vila, hai dúas vilas, hai tres vilas... de indios que perden todo canto posúen a medida que as taladoras de árbores entran na selva coma modernas predadoras.

Que se pode facer para parar esta vergoña?
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 19-04-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Serra Pelada
Fálame Solange de Serra Pelada.

Eu coñecñia o lugar polo excelente traballo de Sebastiao Salgado:

Cincuenta mil traballadores/escravos, os garimpeiros, pechados no cráter dunha mina a ceo aberto.

Cincuenta mil seres humanos entregados á maís dura das labouras no interior dun inmerecido e inxusto formigueiro!

Custodiados por soldados, fusil en man...

A dignidade perdida da man da falla de liberdade...

Cincuenta mil miserias...

Cincuenta mil soños esagazados, agachados no interior máis fondo da mente que non pode pensar polo cansazo, pola miseria, pola dor, polo sufrimento...

Como aturar o peso de tamaña inxustiza?

Comentarios (6) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 17-03-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
De Aung San Suu Kyi
Celebrouse na data de onte o Día da muller traballadora (ou da muller a secas, por que non?) e quero dedicar a miña entrada de hoxe a Aung San Suu Kyi, lider polos dereitos do pobo de Myanmar (a antiga Birmania), que leva xa TRECE LONGOS ANOS en arresto domiciliario segundo denuncia Amnistía Internacional.

Considéroa un magnífico símbolo da loita pola emancipación dos pobos e polo respecto dos dereitos humanos.

Viva Aung San Suu Kyi!

Abaixo a dictadura de Myanmar!



Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-03-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Do medo que dá Irán
A nación iraní é abondo valente, así que se un día quixésemos producir e fabricar bombas atómicas, anunciariámolo públicamente sen termos medo

Esta terríbel afirmación fíxoa no día de onte o señor da fotografía,Mahmoud Ahmadinejad, presidente da República Islámica de Irán, na inauguración dos actos conmemorativos do 30º aniversario da chegada ao poder de Khomeini.

Dá medo, non si?
Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-02-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Día contra a ablación
Hoxe é o Día internacional de Tolerancia Cero contra a ablación de clítoris e non podo menos que unirme a todos os que denuncian a práctica desta terríbel mutilación sufrida por millóns de mulleres no mundo en nome da tradición e da relixión (?).

Segundo as cifras de Unicef unhas oito mil nenas sufren a ablación diariamente en vinte e oito países do mundo!

SI Á LIBERACIÓN DAS MULLERES NO MUNDO!

NON Á ABLACIÓN!
Comentarios (6) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-02-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Do aniversario da liberación de Auschwitz
Hoxe 27 de xaneiro hai 65 años que as tropas aliadas chegaron ao tristemente tan famoso campo de exterminio.

No ano 2005, a ONU declarou a xornada Día Internacional para Honrar a Memoria das Vítimas do Holocausto.

Canto horror chegou a vivirse dentro do perímetro do campo.

Canto horror chegarían a ver os olliños inocentes deses raparigos que aparecen na fotografía que vos achego, meus pobres!

Nenos expulsados da súa propia infancia...

Que nunca máis se poida repetir nada semellante!

Canta xente no mundo está a vivir hoxendía situacións de fragrante inxustiza!

Moitos son os lugares que me veñen á mente.

Non maís campos como Auschwitz no mundo!

Non!
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 27-01-2010 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0