Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da intervención da economía portuguesa
A economía portuguesa está a ser intervida polo Fondo Monetario Internacional e as súas contas olladas con lupa polo Banco Central Europeo e a Unión Europea.

As conversas entre a troika comunitaria e o goberno portugués están a ser segredas.

Pero a prensa portuguesa publica filtracións que falan de:

- privatizacións de case todas as empresas públicas, incluídas as autoestradas, que xa son todas de pago, os aeroportos, os hospitais...

- co-pago (ou pago completo) dos medicamentos e de todos os servizos da Sanidade Pública de acordo coa renda do usuario.

- conxelación ao longo de varios anos dos salarios dos funcionarios públicos e reestruturación do sector.

- conxelación e mesmo rebaixa das pensións e supresión de pagas extras para todos os pensionistas.

Nada se fala de impostos especiais para as rendas máis altas.

Isto só é un exemplo do que aparece estes días na prensa portuguesa.

Dá pánico!

Achégovos unha fotografía tirada na Praça do Rossio de Lisboa.

Mans arriba!
Isto é unha axuda externa!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 25-04-2011 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Como torturaron os británicos aos Mau Mau
O pasado domingo o xornal El País traía unha noticia estarrecedora que podedes ler dende aquí.

Falabas das atrocidades que os británicos cometeron contra os sospeitosos de teren impulsado a revolta Mau Mau en Kenia hai xa máis de cincuenta anos.

Catro das persoas que foron torturadas até padecer graves lesións físicas e psicolóxicas (Wambugu Wa Nyingi, Jane Muthoni, Paulo Nzili e Ndiku Mutua) denunciaron ao Goberno Británico polos terríbeis padecementos sufridos, que incuíron en dous dos casos a castración con tenazas!

Non teño palabras para o horror que me producíu ler a noticia.

Un tribunal de londres admitiu a denuncia e vai abrir xuízo.

Como compensar agora as atrocidades sufridas?







Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 13-04-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
A hora do planeta
Baixo o lema A hora do planeta a oraganización WWF convoca un apagado de luces no mundo enteiro para a vindeira fin de semana.

Non esquezades apagar as luces todas das vosas casas o vindeiro sábado 26 de marzo 2011, de 20:30 a 21:30h.

Aínda que sexa simbólico.

Por que rexeitar este tipo de símbolos?

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 23-03-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
En son de paz

Chegou ao meu correo esta imaxe que vos achego e que fala por si soa acerca das últimas noticias do mundo.

Sigo a dicir que o de Libia dá medo aínda que digan que vai durar pouco tempo.

Non sei se crelo.
Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 21-03-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Da dor que produce a guerra
Que queredes que vos diga?

Non aturo a dor que produce a guerra.

Tampouco aturo a Gadafi, coido que xa o dixen con anterioridade. Quizais aínda menos me gusta o seu fillo. Non os aturo nin con medicamentos contra a acidez estomacal.

Pero me dá medo esta intervención militar comandada, coma sempre, polo Pentágono.

Non me gusta nada o que está a acontecer en Libia.

Nadiña de nada.



Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 21-03-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Nuclear? Non, grazas (2)
Que ninguén nos engane.

As catástrofes están servidas dende o mesmo momento en que se inaugura unha central nuclear.

Cada vez que hai un pequeno problema nunha central saltan todas as alarmas.

Tanto dan os nomes que teñan os lugares, Chernobyl, Fukushima... as solucións nunca parecen dar chegado.

Tanto teñen as orixes das catástrofes, fallo humano, corte eléctrico, tremor de terra, tsunami...

Dende o momento en que se abre unha central nuclear iníciase unha macabra conta atrás.

Convídovos a lerdes o artigo que publica hoxe Rosa Montero no xornal El País, doq ue saliento esta frase: Somos microbios ignorantes a xogarmos con forzas infindamente máis poderosas ca nós.

Unha vez máis temos que dicir NUCLEAR? NON GRAZAS!

Non baixemos a garda!

Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-03-2011 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Nuclear? Non, grazas
Isto que se ve no video que achego é a explosión da central nuclear de Fukushima, no Xapón, logo do terremoto do pasado 11 de marzo.

Fukushima podería ter liberado, en só unha hora, o equivalente ao límite de radiactividade que un ser humano podería aturar nun ano!

Servirá esta nova traxedia para que por fin os gobernos do mundo se decaten dos perigos da enerxía nuclear?

Por desgraza témome que non.

Unha vez máis cómpre berrar ben alto:

NUCLEAR? NON, GRAZAS!

Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 12-03-2011 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Do tsunami no Xapón
Hai días nos que a realidade supera á máis aterradora das ficcións.

Onte brindabamos coa sidra do Lagar de Ribela e hoxe mencemos con estas arrepiantes imaxes da televisión xaponesa nas que se amosa o avance dun estarrecedor tsunami pola zona norte do país.

Resulta difícil atopar palabras para describir esta forza destrutora da natureza desbocada.



Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-03-2011 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
De Libia
Human Right Watch denuncia a morte de 173 persoas en Libia nos últimos tres días a causa da brutal represión de manifestacións contra o réxime de Gaddafi por parte das súas forzas armadas.

Hai testemuñas que elevan a cifra de mortos a 200!

Sen xornalistas que poidan cubrir esta tremenda represión o pobo libio está máis cautivo e máis secuestrado ca nunca.

Veña un grolo enorme pola valentía do pobo de Libia!
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 20-02-2011 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Agora Exipto

Prodúcese o efecto dominó.

A primeira ficha foi a Tunisia.

Agora chega a quenda de Exipto.

Máis dun millón de persoas se manifestaron hoxe nas rúas d'O Cairo chegadas dende todo o país enteiro.

Mentres o frío teima en conxelar a vella Europa a calor da revolta enche as rúas todas da anterga terra dos faraóns.

Que país virá despois?

Que ten o futuro reservado para o norte de África?

Comentarios (6) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 01-02-2011 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0