Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Bernal de Bonaval: A dona que eu am'e tenho por senhor
Pido deculpas pola miña ausencia ao longo destes días.

Retomo a actualización do Tiñádelo que ver logo dun tempo de idas e voltas e fágoo cun poemiña medieval, cunha cantiga de amigo, que sempre me fascinou.

Trátase dunha composición de Bernal de Bonaval, de quen se conservan 19 cantigas.

Como pode ser que un poema do século XIII (nada máis e nada menos) sexa capaz de transmitir todo canto estes versos que vos achego transmiten?

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.


Por certo, que se queredes escoitar unha versión musicada por Amancio Prada podedes facelo dende aquí.
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-06-2011 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Dos premios Xerais 2011
Xavier Queipo, a quen ben quero e moito admiro, vén de gañar o premio Xerais de novela coa súa obra Extramunde, que sen dúbida algunha terá moito éxito de lectores que ficaremos abraiados coa maxia sempre innegábel do seu autor.

Veña un grolo enorme por Xavier!

Extendo os meus parabéns a Héctor Carré e Anxo Fariña, gañadores dos premios Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e Merlín de Literatura Infantil, respectivamente.

Un grolo por eles tamén!
Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 12-06-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Arthur Rimbaud: Sensation
Adoro a poesía de Arthur Rimbaud.

Tanto que a incluín (xunto coa de Baudelaire) no relato "Na fraga" do meu primeiro libro, As humanas proporcións, un relato que por certo levou "Poética" coma título meses antes de estar editado.

(É moi importante o título co que se traballa, é unha especie de segredo entre o autor e obra. Góstame xogar a que é unha confidencia entre os meus personaxes e máis eu)

Nese relato xogo cunha frase de Rimbaud en L? alchimie du verbe:
J'inventai la couleur des voyelles! - A noir, E blanc, I rouge, O bleu, U vert. -Je réglai la forme et le mouvement de chaque consonne.

Máis adinate convertino nun personaxe secundario, moi secundario, de Libro das alquimias.

E non desboto a posibilidade de volver incluílo nalgún libro maís adiante.

Tal é a miña fascinación tanto pola súa obra como pola súa biografía.

Quixera achegarvos hoxe este poema, que reflicte as miñas ganas de verán:

Sensation
Par les soirs bleus d'été, j'irai dans les sentiers,
Picoté par les blés, fouler l'herbe menue :
Rêveur, j'en sentirai la fraîcheur à mes pieds.
Je laisserai le vent baigner ma tête nue.

Je ne parlerai pas, je ne penserai rien:
Mais l'amour infini me montera dans l'âme,
Et j'irai loin, bien loin, comme un bohémien,
Par la Nature, - heureux comme avec une femme.


Sensación
Nos atardeceres azuis do verán irei polos sendeiros,
Picoteado polos trigos, a pisar a hierba miúda:
Soñador, sentirei a súa frescura baixo os pés.
Deixarei que o vento bañe a miña cabeza espida.

Non falarei nada, non pensarei nada:
Pero o amor infinito ascenderá pola miña alma,
E irei lonxe, moi lonxe, igual que un bohemio,
poa Natureza, feliz coma á beira dunha muller.


Iso quero facer cando veña o verán!

(A foto que achego é de 1871 e o poema de 1870. Fixádevos que novo!)
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 06-06-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Dous poemas de Lois Pereiro
Con este día das Letras dedicado ao autor, achégovos dous poemas de Lois Pereiro:

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

........

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio


Grande Lois!

Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-05-2011 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
De Robert Frost: Lume e xeo
Como acabrá o mundo?

Será por lume?

Será por xeo?

Some say the world will end in fire,
Some say in ice.
From what I've tasted of desire
I hold with those who favor fire.
But if it had to perish twice,
I think I know enough of hate
To say that for destruction ice
Is also great
And would suffice.


(Algúns din que mundo acabará con lume;
outros din que con xeo.
Polo que eu sei do desexo,
dou a razón aos que falan de lume.
Mais se o mundo tivese que sucumbir dúas veces,
penso que sei bastante sobre o odio
para afirmar que para a destrución o xeo
e tamén moi grande,
e bastaría.
)

De Robert Frost (1874-1963)

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-05-2011 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Da morte de Ernesto Sábato
Onte pola tarde sorprendeunos a morte do gran Ernesto Sábato.

Deixas unha pegada inesquecíbel, Ernesto, como gran escritor e coma aínda máis grande defensor dos dereitos humanos e loitador contra a ditadura!

Veña un grolo enorme por Sábato!
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 01-05-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
De Rudyard Kipling: Se
Rudyard Kipling (1865-1936) escribiu este poema para darlle unha mensaxe a seu fillo.

Unha gozada.

SE podes conservar a cabeza mentres ao teu redor
todos a perden e che botan a culpa;
se podes confiar en ti mesmo cando os demais dubidan de ti,
pero ao mesmo tempo tes en conta a súa dúbida;
se podes agardar e non cansar na espera,
ou sendo enganado polos que te arrodean non pagas con mentiras,
ou sendo odiado non deixas espazo para o odio
e non queres parecer demasiado bo nin falar con moita sabedoría...

SE podes soñar e non deixar que os soños te dominen;
se podes pensar e non comentar os teus obxectivos;
e tratar estes dous dous impostores do mesmo xeito;
se podes aturar escoitar a verdade que dixeches
terxiversada polos malandros para tenderen unha trampa aos necios,
ou contemplar esmagadas as cousas ás que dedicaches a túa vida
e poñerte a reconstruílas coas ferramenmtas desgastadas...

SE podes facer a equipaxe con todos os teus trunfos
e arriscalo todo dunha vez a unha soa carta,
e perder, e comezar de novo dende o principio
e non deixar escapar nunca unha soa palabra acerca da túa pérdida;
e se podes obrigar o teu corazón, os teus nervios e os teus músculos
a axudarte no camiño despois de teren perdido a forza,
agás a vontade que lles di "Seguide"...

SE podes falar coa multitude e teimar na virtude
ou camiñar entre Reis e non perderes a túa maneira de ser;
se nin os inimigos nin os bos amigos poden facerche dano,
se todos os homes contan contigo pero ningún demasiado;
se podes empregar o inexorábel minuto
en percorrer unha distancia que valga os sesenta segundos
túa é a Terra e todo o que hai nela,
e ,aínda máis, serás un home, fillo.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-04-2011 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
De Fernando Pessoa: Sonho. Não sei quem sou
A través de Ángeles, unha amiga no Facebook, chegoume este poema de Fernando Pessoa que non precisa de máis comentarios.

Grandioso!

Sonho. Não sei quem sou neste momento.
Durmo sentindo-me. Na hora calma
Meu pensamento esquece o pensamento,
Minha alma não tem alma.

Se existo é um erro eu o saber. Se acordo
Parece que erro. Sinto que não sei.
Nada quero nem tenho nem recordo.
Nao tenho ser nem lei.

Lapso da consciencia entre ilusões,
Fantasmas me limitam e me contem.
Dorme insciente de alheios corações,
Coração de ninguém.
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-04-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
William Butler Yeats: To the Rose Upon the Rood of Time
Sempre me gustou este poema de William Butler Yeats.

Tanto que utlilicei o seu comezo como cita ao comezo do meu Libro das alquimias.

E tamén o puxen en boca do vello protagonista para falar do seu amor por Hypatia de Alexandría.

Red Rose, proud Rose, sad Rose of all my days!
Come near me, while I sing the ancient ways...


Achégovos unha tradución de parte do poema feita por min:

Rosa vermella, Rosa orgullosa, Rosa triste dos meus días,
achégate a min mentres canto á maneira antiga.
Achégate para que, non cegado xa polo destino humano,
atope, baixo a ramallada do amor e do odio,
nos parvos e pobres seres que viven un día,
o deambular da beleza eterna.
Achégate, achégate, achégate -¡ah, déixame si
un pequeno espazo para enchelo co alento da rosa!
No vaia ser que deixe de oir as cousas comúns que senten arelas;
o débil verme a agacharse no seu furadiño,
o rato a correr á miña beira polo campo,
e as pesadas esperanzas mortais que traballan e pasan,
(...)
E aprender a cantar unha lingua que os hombres non coñecen.
Achégate; eu cantarei, antes de que me chegue a hora de partir,
(...)
Rosa vermella, Rosa orgullosa, triste Rosa de todos os meus días.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 08-04-2011 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Da visibilidade da literatura de nós
No blog Criticalia do crítico Armando Requeixo veño de colgar dúas reflexións acerca da visibilidade da literatura galega, canso como estou da absoluta falla de promoción.

1º) Somos un sistema literario ben estraño e con moi poucos lectores (a nosa literatura as máis das veces nace e morre aquí sen posibilidades de exportación) e hai unha morea de escritores moi bos que non teñen repercusión ningunha en parte polo ocultamento mediático ao que todos nós estamos sometidos e en parte porque hai moitos condicionamentos extraliterarios para a nosa visibilidade: amizades, por exemplo (e tanto mellor se as tes nun xornal).
Parece que sexa necesario estar no lugar e no momento axeitados para poder conseguir algo independentemente de como sexan a túa escrita e a súa calidade literaria (se a ten).
Hai moitos exemplos moi coñecidos por todos.
Non me parece propio dun sistema literario maduro.
Para nada.

2º)A promoción das obras literarias nesta Terra nosa é algo artesanal que ten que facer o propio autor. Non hai colaboración ningunha por parte de ninguén, nin sequera de certos editores que aínda seguen a pensar que a única promoción é o boca aboca. Así nos loce o pelo!
Farto de dicir que a difusión dunha obra é un asunto de marketing e publiciade que corresponde ao editor, que rexenta unha empresa privada, e non só ao autor e as súas amizades.
Non quero nin pensar o que pode acontecer se un autor non vive aquí!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 06-04-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0