Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un poema de Tomas Tranströmer
Este é o comezo do poema Desxeo a mediodía, do libro O CEO A MEDIO FACER, de Tomas Tranströmer, recente gañador do Premio Nobel de Literatura.

O ar matinal repartíu as súas cartas con selos incandescentes.
A neve iluminouse e todos os pesares se alivianaron: un quilo pesaba
apenas setecentos gramos.

Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 07-10-2011 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Da morte de Salvador Iborra
Sorprendeume moito, e de xeito nada agradábel, saber onte pola prensa da morte do poeta valenciano Salvador Iborra, autor do blog La ruta desconeguda e dos libros Un llençol per embrutar, Les entranyes del foc e Els cossos oblidats.

Morreu a causa das navalladas que lle asestou o mesmo tipo que acababa de roubarlle a bicicleta a un amigo diante da súa casa no casco antigo de Barcelona.

Vaia unha morte cutre!
(Non quero con isto dicir que as demais non o sexan, ollo)

Tiña un longo percorrido literario por diante.

Veña un bo grolo por el.



Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 03-10-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
De ramón Cabanillas: Camiño longo
Que tal para hoxe un poema de Ramón Cabanillas ((1876-1959)?

Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !

Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta, ti onde me levas!

Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo da miña vida !

Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada...
¡vereda fonda, ti cando acabas

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-09-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
De Cecília Meireles: CANÇÃO DE OUTONO
Envíame Solange esta CANÇÃO DE OUTONO de Cecília Meireles hoxe que comeza o outono

Perdoa-me, folha seca,
não posso cuidar de ti.
Vim para amar neste mundo,
e até do amor me perdi.

De que serviu tecer flores
pelas areias do chão,
se havia gente dormindo
sobre o próprio coração?

E não pude levantá-la!
Choro pelo que não fiz.
E pela minha fraqueza
é que sou triste e infeliz.
Perdoa-me, folha seca!
Meus olhos sem força estão
velando e rogando àqueles
que não se levantarão...

Tu és a folha de outono
voante pelo jardim.
Deixo-te a minha saudade
- a melhor parte de mim.
Certa de que tudo é vão.
Que tudo é menos que o vento,
menos que as folhas do chão...

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 21-09-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha frase de Manuel Rivas
Veño de ler Os libros arden mal de Manuel Rivas (este verán deume polas novelas de gran extensión) e, amante coma son das linguas e das viaxes, quero compartir con todos vós unha fase que me pareceu grandiosa:

"...que é a vantaxe de andar polos camiños, que as linguas van pousando nun"

Que grande o Rivas!

Como se pode dicir tanto con tan poucas palabras?

(Por certo, que a novela é altamente recomendábel)

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-09-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
De Olavo Bilac: Ouvir estrelas
Retomo o Tiñádelo que ver logo do verán e a proposta de Solange achégovos este fermoso poema de Olavo Bilac titulado Ouvir estrelas e achégovos tamén unha suxestión: alá onde poidamos estar escoitemos xuntos as estrelas unha destas noites!

Ora (direis) ouvir estrelas! Certo
Perdeste o senso!? E eu vos direi, no entanto,
Que, para ouvi-las, muita vez desperto
E abro as janelas, pálido de espanto?
E conversamos toda a noite, enquanto
A Via Láctea, como um pálio aberto,
Cintila. E, ao vir do sol, saudoso e em pranto,
Inda as procuro pelo céu deserto.
Direis agora: ?Tresloucado amigo!
Que conversas com elas? Que sentido
Tem o que dizem, quando estão contigo??
E eu vos direi: ?Amai para entendê-las!
Pois só quem ama pode ter ouvido
Capaz de ouvir e de entender estrelas.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 07-09-2011 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
De Sunset park, por Paul Auster
Unha boa recomendación para a lectura neste tempo de lecer: a novela Sunset park, de Paul Auster, un dos meus escritores favoritos.

Quen o lea atenderá ao regreso de Miles Heller, fillo do editor Morris Heller, procedente de Florida, onde vive unha fermosa historia de amor cunha rapaza de dezasete anos que se chama Pilar Sánchez, á cidade de Nova York para se instalar nunha vivenda abandonada de Sunset Park, onde viven tres persoas, Bing, Alice e Elllen, que por unha razón ou por outra aínda non atoparon o seu verdadeiro lugar na vida.

Miles arrastra un trauma que fixo que non se relacionase coa súa familia dende hai moitos anos: a morte accidental do seu irmanastro, unha morte da que el se sinte culpábel.

O retorno de Miles a Nova York sérvelle a Auster para facer uns máis que brillantes retratos de todos os personaxes, que abranguen moitas facetas da sociedade estadounidense.

Unha novela moi boa.

Das mellores de Auster.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 16-08-2011 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
A lúa segundo Haruki Murakami
Velaí van unhas liñas da fantástica novela 1Q84 de Haruki Murakami:

A lúa levaba alí, observando para a Terra, máis tempo ca ninguén. De seguro que presenciara todos os fenómenos e actos habidos e por haber na terra. Mais a lúa gardaba un absoluto silencio. Limitábase a estar alí friamente, levando a súa pesada carga de pasado. Nela non había nin vento nin aire. O baleiro era idóneo para conserva intacta da memoria. Ninguén podía desentumecer o corazón da lúa. Aomame alzou a copa dirixíndose á lúa.
-Deitácheste ultimamente nos brazos de alguén?- preguntoulle Aomame á lúa.
A lúa non lle respondeu.
-Tes amigos?- preguntou Aomame.
A lúa non lle respondeu.
-Non che cansa, ás veces, seguires a vivir así de serena, co sangue tan frío?
A lúa non lle respondeu.


Veña un grolo, entón, pola lúa...

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-07-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Do que nunca contan os libros de historia, por Bertolt Brecht
Despois de ter o gran pracer de asistir onte á magnífica adaptación da Ópera dos tres reás de Bertolt Brecht a cargo de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego, con Luis Tosar (fantástico) no papel protagonista de Mackie o da Faca e un elenco abraiante nos outros papeis (unha gran peza á altura do mellor teatro internacional),

Permitídeme que vos achegue este gran poema de Bertolt Brecht (realmente un dos meus favoritos) que fala daqueles que nunca aparecen nos libros de historia:

Tebas, a das Sete Portas, quen a construíu?
Nos libros figuran os nomes dos reis.
Arrastraron os reis os grandes bloques de pedra?
E Babilonia, destruída tantas veces,
quen a volveu construír outras tantas?
En que casas da dourada Lima vivían os obreiros que a construíron?
Aa noite en que foi rematada a Muralla chinesa,
a onde foron os albaneis?
Roma a Grande está chea de arcos de trunfo.
Quen os ergueu?
Sobre quen trunfaron os Césares?
Bizancio, tan cantada,
tiña só palacios para os seus habitantes?
Mesmo na fabulosa Atlántida,
a noite en que o mar a tragaba,
os habitantes chamaban
para pediren axuda aos seus escravos.
O xove Alexandre conquistou a India.
El só?
César venceu os galos.
Non levaba consigo nin sequiera un cociñeiro?
Filipe II chorou ao se afundir a súa frota.
Non chorou ninguén máis?
Federico II gañou a Guerra dos Sete Anos.
Quen a gañou, ademais?
Unha vitoria en cada páxina.
Quen cociñaba os banquetes da vitoria?
Un gran home cada dez anos.
Quen pagaba os sus gastos?
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 10-07-2011 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
De Gonçalo M. Tavares: Aprender a rezar na Era da Técnica
Tras este título, Aprender a rezar na Era da Técnica, que me parece magnífico, agáchase unha obra mestra de Gonçalo M. Tavares, de quen xa tiven oportunidade de ler e comentar neste blog a novela Jerusalem.

Ambas as dúas forman parte da tetralogía O Reino, publicada pola editorial lisboeta Caminho.

Gustáronme tanto as dúas que xa encarguei as dúas primeiras novelas (Um homem: Klaus Klump e A Máquina de Joseph Walser) na miña libraría. E xa de antemán, mesmo antes de telas na miña biblioteca sei de certo que me van facer gozar da literatura de alto nivel.

De Gonçalo M. Tavares dixo Enrique Vila-Matas que "é un xenio de inmenso futuro". E eu non teño dúbida ningunha o respecto.

Recomendo a lectura desta Aprender a rezar na Era da Técnica, que narra a vida do Doutor Lenz Buchmann, a súa retorta posición co mundo e a arrevesada forma de se relacionar con todos cantos o arrodean, sexan familia, amigos, compañeiros de partido ou inimigos.

Escrita cun estilo de moi persoal e de moi alto nivel, de seguro que non vai deixar a ninguén indiferente.


Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 18-06-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0