Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Lou Reed: Romeo Had Juliette
Semnpre adorei a Lou Reed.

Sempre.

E nunca sabería que canción súa escoller para dicir que é a miña favorita.

Quizais empezou a gustarme na adolescencia naquelas tardes en que cambiariamos o mundo de cabo a rabo...

Naquelas tardes de fume e música...

Gústame tanto que teño a Intro de Rock'n'Roll Animal como melodía do móbil e soa cada vez que alguén me chama.

Déixovos con este Lou Reed xa entrado en anos pero completamente fiel ás orixes: Romeo Had Juliette.

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-05-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ana Dess: Elle demeure
Onte tiven o pracer de descobrir a Ana Dess.

Gozade do seu tema Elle demeure.

Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 01-05-2011 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Calle 13: Pal' norte
Despídome até despois da semana santa (que de santo ten o das vacacións) con esta canción do grupo Calle 13, de Puerto Rico.

Unha reivindicación da viaxe que moitos latinoamericanos emprenden cara aos Estados Unidos coas mans baleiras e a alma magoada á procura dun soño que non existe.

Veña un grolo por eles todos!

E outro grolo tamén polos soños que se alcanzan dentro da terra propia sen necesidade de marchar...

Que as viaxes sexan sempre por pracer e nunca por necesidade!

Até a volta!

Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 15-04-2011 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Lole y Manuel: Romero verde
Vaia por diante que o flamenco non é nin de lonxe unha das miñas músicas preferidas.

Pero esta canción sempre tivo para min un eco de saudades que non alcanzo a descifrar moi ben.

Quizais é por esa letra, tan fondamente lorquiana.
(Non foi escrita por Lorca pero ben puidera telo sido)

A cantaora Dolores Montoya Rodríguez e o guitarrista Manuel Molina Jiménez (amabos os dous xitanos) uníronse en 1975 como parella artística, co nome de "Lole y Manuel" e deron un xiro á música flamenca fusionándoa con rock e ritmos étnicos e árabes.

E no seu terceiro disco aparece esta xoia:

Vente conmigo niño por el romero en flor
por los cañaverales y el arroyo cantor
vente a los campos niño
bajo la luz del sol
a tejerle coronas de besos al amor,
a cantar con el agua,
a cantar con el agua y con el gorrión,
vente conmigo niño por el romero en flor.

A la flor del romero ...
A la flor del romero, romero verde
son tus ojitos niño los que me pierden.
A la flor del romero, romero verde,
a la luna me subo solo por verte.
A la flor del romero, romero verde,
solo por verte,
y mirar tu boquita de miel caliente,
y mirar tu boquita de miel caliente.

Vente conmigo niño por el romero en flor
por los cañaverales y el arroyo cantor
vente a los campos niño
bajo la luz del sol
a tejerle coronas de besos al amor
a cantar con el agua
a cantar con el agua y con el gorrión,
vente conmigo niño por el romero en flor.






Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 13-04-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
The Byrds: Turn, Turn, Turn
Non sei por que onte espertei con esta canción Turn, Turn, Turn de The Byrds na cabeza.

Anos sesenta en estado puro!

Escoitade os berros das fans apaixoadas!

Polo visto a letra procede da Biblia, do libro do Eclesiastés (Ecclesiastes 3:1) e foi Pete Seeger quen lle puxo a música aínda que a popularidade do tema veu da man de The Byrds.

To everything - turn, turn, turn
There is a season - turn, turn, turn
And a time for every purpose under heaven

A time to be born, a time to die
A time to plant, a time to reap
A time to kill, a time to heal
A time to laugh, a time to weep


Pois iso, que para cada cousa hai un momento.


Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-04-2011 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Janis Joplin: Cry Baby
A voz de Janis Joplin a repiquetear hoxe na miña cabeza inevitabelmente.

Cry-y-y ... ha ha ha ha ... baby, cry baby, cry baby,
Welcome back home.

I know she told you,
I know she told you that she loved you
Much more than I do,
But I know she left you,
And you swear that you just don't know why,
Well, you know that I'll always be round
If you ever want me
Come on and cry, cry baby, cry baby, cry baby, yeah,
Oh, like you always seem to do.


(...)

e cando andabas polo mundo, meu,
Dicías que tentabas atopar o remate do camiño,
(...)
Podes ir por todo o mundo
Tentando atopar algo que facer coa túa vida, meu...


Un grolo por Janis!


Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-04-2011 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Madeleine Peyroux: Instead
Mañá comeza a primavera.

Por que non recibila cun estado de ánimo acorde co bo tempo que sempre a acompaña?

Esta reflexión mínima levoume a lembrar esta canción de Madeleine Peyroux que vos achego, Instead (En troques) porque a letra di:

Instead of feeling bad
Be glad you got somewhere to go
Instead of feeling sad
Be happy you're not all alone
Instead of feeling low
Get high on everything you love
Instead of wastin' time
Feel good 'bout what you are dreaming of...


En troques de te sentir mal
alégrate de teres un lugar a onde ir
En troques de te sentir triste
Alégrate de non estares só
En troques de te sentir baixo
Alégrate por todo canto amas
En troques de perderes o tempo
Síntete ben por todo canto soñas...


Que teñades unha moi feliz primavera!

Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 20-03-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Tom Jobim e Elis Regina: Águas de Março
É pau, é pedra, é o fim do caminho
É um resto de toco, é um pouco sozinho
É um caco de vidro, é a vida, é o sol
É a noite, é a morte, é o laço, é o anzol...


Este antigo vídeo chegado do Brasil (onde o verán está a "se fechar") da man de Solange paréceme un bo xeito de vos desexar a todos un moi feliz entroido.

Trátase de Tom Jobim e Elis Regina (ambos os dous falecidos) a cantaren xuntos Águas de Março, unha composición do primeiro.

Feliz marzo, logo!



Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 04-03-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
The Cranberries: Zombie
Hoxe veume á cabeza esta canción de The Cranberries que fala de Irlanda do Norte.

Trátase dun tema acerca do Alzamento de Pascua, Éirí Amach na Cásca, de 1916, no que se proclamou a independencia da actual República.

O video clip de Zombie editouse en 1994, e nel Dolores O'Riordan, a solista da banda, está cuberta de ouro e rodeada de nenos; a súa posición está inspirada no martirio de San Sebastián.

Tamén aparecen imaxes de soldados británicos en Irlanda do Norte a patrullaren polas rúas.

With their tanks and their bombs,
And their bombs and their guns.
In your head, in your head, they are crying..
.


Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-03-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Bob Marley: Redemption Song
Unha mañá chuviñenta, sentado na miña mesa de traballo escoito música perante a pantalla do computador no que tamén están a chover as letras.

Desexo compartir convosco esta marabilla de Bob Marley que se titula Redemption Song.

Vén moi a conto do que se está a vivir no mundo árabe (acabo de comentar con Eva Lozano se veremos como cae a monarquía medieval de Marrocos, que é unha das máis ricas do mundo e está asentada enriba dun pobo cheo de carencias)

Esta Redemption Song é un fermoso himno contra a escravitude:

Old pirates, yes, they rob I;
Sold I to the merchant ships...

(Vellos piratas, si, roubáronme;
Vendéronbme ao barco mercante...
)

Hai algúns versos da letra que quixera resaltar:

Emancipate yourselves from mental slavery;
None but ourselves can free our minds
.
(Emancipádevos da escravitude mental;
Ninguén senón sodes vós vai liberar as vosas mentes
)

ou

How long shall they kill our prophets,
While we stand aside and look?

(Durante canto tempo van estar a matar os nosos profestas
Mentres nós só estamos a mirar?
)



Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 13-02-2011 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0