Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado febreiro
Inauguramos febreiro con música de Nirvana e cunha curiosa oferta na que alguén regalaba un libro pola compra de tres bragas.
Tamén estreei categoría, fotos feitas co móvil. E comezamos cunha inocente ondiña na Praia de Areas que nos levou a reflexionar acerca das cousas que quere contar o mar, para tamén incluír días despois un fermoso lavadoiro de pedra en San Adrián de Cobres.
Cantamos tamén a chegada da choiva cun poemiña de Federico García Lorca, alporizámonos coa usura do modisto Adolfo Domínguez, que avogaba polo "despido libre" para motivar aos empregados (vaia un empresario!) e tamén nos unimos á conmemoración do Día Internacional contra a ablación de clítoris.
Escoitamos a Silvio Rodríguez, a Lluís Llach e a Madredeus e falamos dunha nubeciña que Solange enviou dende Brasil. (Moitas grazas de novo), recitamos a Kavakis e a Curros Enríquez e comentamos o chamado Método Burela de planificación lingüística.
No capítulo de persoas non gratas falamos de Jesús Vázquez, conselleiro de educación premiado polo Opus Dei, a Rosa Díez, moderna e pexorativa, a un cura de Toledo amante da pornografía.
E tamén viaxamos a México para visitarmos o ?cenote? de Dzinup e comentamos a obra de Gerald Durrell, e reflexionamos acerca dos nosos computadores e do importante labor que desenvolven os tradutores no mundo da literatura (isto último, non o dixen no seu momento, en homenaxe a Eva Lozano, tradutora dos meus libros ao castelán e o catalán).
E xuntos contemplamos abraiados a obra de Michel Ocelot, Príncipes e princesas, de Hans Sylvester acerca da tribo africana de L?Omo e unha fermosísima película de animación de Amnistía Internacional, O peso dunha sinatura.
E non fixemos máis porque o mes de febreiro non é tan longo coma os outros.
Que se o fose aínda máis faríamos.
Comentarios (5) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 29-12-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Do pasado xaneiro
Inauguro categoría para vos convidar a reflexionar acerca de todo canto temos falado ao longo deste ano 2010 que agora remata.

Non pretendo, non teñades medo, redactar un índice.

Ofrécennos a televisión, a prensa, as emisoras de radio... anuarios variados de todo canto aconteceu ao longo do ano.

Por que non facer nós o mesmo?

Comezabamos este 2010 que xa vai vello e remata con música de Fred Astaire e de Fuxan os Ventos e laiándonos dos brotes racistas da Italia berlusconiana e do peche da conserveira Alfageme, cando nos vimos de súpeto sorprendidos polo terremoto que esgazou Haití de punta a punta. Puxémoslle música de Gustave Mahler (A canción da terra) para preguntarnos polo porqué desa gran inxustiza.
Entón comezaron para o noso aldraxe os graves conflitos que o goberno de Núñez Feijoo creou arredor da nosa lingua, desta materia prima coa que tecemos soños e construímos literatura case sen os decatar.
Comezaba tamén polo xaneiro a conmemoración do centenario do meu admirado Miguel Hernández. Iso deunos pé para podermos falar de canto nos gustaban as Nanas de la cebolla.
Pechamos o mes coa morte de J. D. Salinger, cunha fermosísima canción de Alan Stivell, cos Funeral Blues de W. H. Auden, coa Oda al día Feliz de Pablo Neruda e co 65º aniversario da liberación do campo de exterminio de Auschwitz, declarado polo ONU Día Internacional para Honrar a Memoria das Vítimas do Holocausto.
Falamos tamén en xaneiro da recomendación que Eva Carpente escribiu para o blog de Galaxia acerca de A Praia dos afogados e das miñas prantiñas recén podadas.

Anda que non falamos nin nada!

Comentarios (5) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 29-12-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0