Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As humanas proporcións en Marín
Onte tiven o pracer de poder compartir a xuntanza da tertulia que cada mes se reúne en torno a un libro na Librería de Marín.

E puiden facelo porque o libro escollido para esta ocasión foi o meu As humanas proporcións, acerca do cal os integrantes da tertulia puideron formularme todas cantas preguntas desexaron.

Un verdadeiro pracer poder comentar as súas opinións.

Veña un grolo por eles todos e pola Librería de Marín!

E outro grolo por Marta Díaz Marcos, a súa propietaria, pola valentía que supón manter aberta unha librería nos tempos que corren.
Comentarios (7) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 13-04-2010 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Da charla no IES de Meaño
A tarde foi redonda.

Ía un sol nada usual que convidaba a estar no xardín.

E así fixemos.

Unha rapaza do clube de lectura (Ainhoa, creo) incluso foi coller flores para poñelas nun floreiro que puxemos en medio de nós todos, na herba.

E comezaron as preguntas da rapazada, todas elas intelixentes e ben formuladas, todas merecedoras de longas respostas.

Dá gusto ver nos lectores o interese que amosan por saber como se foi configurando unha novela.

E dá gusto ver que detrás deles hai un profesorado moi interesado en espertar no alumnado o gusto pola lectura.

Moitas grazas aos rapaces e rapazas integrantes do Clube de lectura do IES de Meaño por unha tarde tan fermosa e moitas grazas polos comentarios acerca da visita colgados no seu blog.!
Comentarios (14) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 08-04-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Do Clube de lectura do IES de Meaño
Mañá pola tarde terei a honra de participar nunha xuntanza do Clube de lectura do IES de Meaño no que imos falar acerca do meu Libro das Alquimias.

Será un pracer.

Estou seguro.

Os rapaces integrantes do club colgaron opinións acerca do libro no seu blog, Ao pé da hortensia, onde tamén hai actividades complementarias á lectura.

Vaian o meu agardecemento e os meus parabéns para o profesorado que se atopa detrás da iniciativa do clube de lectura.
Comentarios (4) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 06-04-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Da crítica do Shakespeare destilado no Cartafol de Libros
Hoxe o amigo Francisco Castro mandoume unha mensaxe para me comunicar que aparecera no Cartafol de Libros de Vieiros a crítica ao meu Shakespeare destilado.

Estou verdadeiramente orgulloso e teño que dicilo!
Comentarios (5) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 17-07-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Do club de lectura de Poio
Onte tiven o pracer de participar nunha xuntanza do Club de lectura de Poio, que se reúne cada mes no edificio da antiga escola de preescolar de Combarro.

Acudín á xuntana convidado por Silvia Díaz, a concelleira de cultura, porque ían falar do meu Shakespeare destilado.

E falamos tamén d'As humanas proporcións e de como entendo a literatura e o labor dun escritor.

Unha vez rematada a xuntanza tivemos a oportunidade de continuar a falar na terraza dun bar da vila, onde me convidaron a cear.

Un verdadeiro pracer.

Veña un grolo polos integrantes do club de lectura de Poio!
Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 02-07-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Obadoiro no CEIP Alexandre Bóveda de Chapela, Redondela.
Levo varios días a impartir un obradoiro de creación literaria para a rapazada de sexto de primaria do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela.

Estou xa no ecuador.

Acabamos de rematar a parte de poesía e estou realmente abraiado cos poemas que están a a facer os rapaces, que non deixan de me sorprender coa súa capacidade de traballo.

Nótase que detrás deles están os esforzos diarios da súa mestra Laura Goldar.

Entrade no blog da súa biblioteca, que se chama CARACOLATOLA.

E aquí tedes os seus traballos:
Obradoiro de creación literaria

Veña un grolo polos cativos de Chapela e pola súa mestra!
Comentarios (3) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-04-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Da presentación de Shakespeare destilado en Ferrol
Foi na Feira do Libro.
Unha ledicia.

Unha verdadeira ledicia que a presentación dun libro sirva para o reencontro con moita xente que quero e que había anos que non vía.

Non podo ni quero dar nomes porque tería medo de esquecer algún, pero a listaxe sería grande, tan grande como a ledicia do reencontro.

E aínda por riba o tempo fixo unha tregua e non choveu!

Grazas mil a Xosé María e a Xulio por acompañarme na mesa e destilar comigo a Shakespeare unha vez máis.

Veña un grolo por Ferrol!
Comentarios (4) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 26-04-2009 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do libro de Marín
Mañá, 23 de abril, estarei a partires das sete do serán na Feira do Libro de Marín, na Alameda, para asinar exemplares dos meus libros.
Veña un grolo por Marín!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 22-04-2009 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Shakespeare destilado en Ferrol
O vindeiro venres 24 presentarei en Ferrol o meu Shakespeare destilado dentro dos actos da Feira do Libro.
O acto terá lugar ás oito do serán e o meu acompañante na presentación será o xornalista do Diario de Ferrol Xosé María Gómez Fandiño.

Veña un grolo por Ferrol!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 22-04-2009 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Shakespeare destilado na TVG
O pasado vinte e nove de marzo aparecín no programa Libro aberto da TVG para falar do meu Shakespeare destilado.

Convídovos a miralo dende aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 04-04-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0