Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do encontro en Rodeira acerca do Libro das alquimias
Dende o IES de Rodeira (Cangas) envíanme me este enlace (e esta fotografía que achego) para poder acceder aos comentarios que os rapaces do club de lectura redactaron acerca do meu encontro con eles o pasado vinte e catro de xuño para falarmos do Libro das alquimias.

Volvo insistir unha vez máis no meu agardecemento a todos/as os/as integrantes dese club de lectura polo ben que o pasei na súa compaña.

Só por eses momentos paga a pena ser escritor!

Comentarios (5) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 02-06-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cita no IES de Rodeira (Cangas)
Acabo de chegar Cangas, onde tiven o inmenso pracer de compartir mesa para xantar co alumnado do club de lectura da biblioteca do IES de Rodeira para podermos falar do meu Libro das alquimias.

Quero agradecer de todo corazón a moi grata ocasión de falar cos lectores ás profesoras encargadas da biblioteca, en especial a María Xosé Jiménez.

Teño dito moitas veces que a escrita é un labor moi solitario e que unha vez que se edita unha novela pertence aos seus lectores.

E resulta grandioso poder intercambiar con eles puntos de vista, responder ás súas preguntas e clarexar as súas dúbidas.

E estes encontros autor-lector fanse moito máis gratificantes cando o lector é un rapaz de doce ou trece anos con moitas ganas de saber e de preguntar, con moitas ganas de descifrar aquilo que leu camiñando pola obra da man de que a escribiu.

Foi un día formidábel no que houbo tempo para falarmos de proxectos, de creación literaria, de anéctodas ao longo da escrita, de libros queimados e de queimadores de libros, do camiño onde se mesturan realidade e ficción e dos lugares onde as dúas cousas non casan aínda que se intente.

Unha idea magnífica a de convidar a un autor a compartir xantar cos seus lectores.

Grazas de todo corazón aos lectores e lectoras do IES de Rodeira e ao seu profesorado!
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 24-05-2012 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
15.724: Crítica de Ramón Nicolás en La Voz de Galicia

Hoxe apareceu no suplemento Culturas de La Voz de Galicia a primeira crítica acerca de 15.724.

Como non está na rede achégovola escaneada.

Moitas grazas a Ramón Nicolás polas súas palabras!
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 19-05-2012 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
15.724: primeira entrevista
A Biblioteca do IEs de Poio vén de publicar no seu blog a primeira entrevista que se me fai acerca da miña novela 15.724.

Podedes vela aquí.

Moitas grazas de todo corazón aos dous alumnos que a fixeron (Mar Moldes e Iván Ferreiro) e a Anxos Rial, a coordinadora da Biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 15-05-2012 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
D'As zocas faladoras
Moitas grazas á bliblioteca do IES de Poio polo anuncio da saída da miña novela 15.724 no seu blog As zocas faladoras.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-05-2012 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
15.724
Con moita alegría anúnciovos a saída da miña novela 15.724 da man de Edicións Xerais de Galicia na súa colección de narrativa nunha edición moi coidada que leva na portada unha magnífica foto do meu gran amigo Anxo Cabada.

Achégovos o texto da contraportada:

Cun enorme poder metafórico, 15.724 trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira.

A través dunha narra­tiva distanciada que nos amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasi­ficaba o tempo, sinalaba a veloci­dade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.

En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.

A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o des­tino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publi­cando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.

Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?


Quero convidarvos a todos/as a lela e a que gocedes coa súa lectura tanto como eu gocei escribíndoa.
Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-05-2012 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Libro das alquimias en dous blogs
No seu blog Un mundo de papel e tinta, Libromaníaca fai unha reseña moi fermosa da miña novela Libro das alquimias.

Quero dende aquí darlle as grazas publicamente.

No seu blog Ao pé da hortensia, o club de lectura do IES de Meaño achega unhas divertidas actividades acerca da novela.

Vaia un parcer ter lectores coma eles!

Grazas de todo corazón.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-03-2012 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Do clube de lectura de Ponteareas
Para un escritor non hai nada máis grato ca poder reunirse de cando en vez cos seus lectores para colleitar opinións acerca das cousas que escrebe.

E iso pasoume onte pola tarde na Biblioteca Municipal de Ponteareas, onde tiña unha cita co clube de lectura para comentarmos o meu Shakespeare destilado.

Unha gozada!

Quero enviar os meus agradecementos sinceros a todos os integrantres dese clube de lectores, moi especialmente a Eva Carpente, pola grata xuntanza de onte e por teren escollido a miña novela para ler.

Un grolo por eles todos!

Comentarios (7) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-06-2011 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Barco a piques de ser botado
Veño de rematar unha novela.

Ides permitir que non revele por agora o título nin o contido. Seredes vós, lectores, quen o descubrades.

Logo virán as vosas opinións, lectores, cando a teñades na man unha vez publicada, cando vos deitedes no voso sofá favorito ou, quen sabe, qizais enriba da toalla nunha praia baixo dun parasol porque o verán terá chegado, ou tapados cunha manta á calor da lareira (ou dunha estufa eléctrica) porque estaremos xa no inverno e os meses terán transcorrido (Ai do tempo implacábel sempre no seu paso!).

Vós teredes a última palabra.

Vós e os críticos, que se entregan á descodificación daquilo que os autores codificamos nos nosos escritos.

Até agora o traballo foi longo, moi longo, e foi solitario e calado, e tamén silencioso...

Pero agora a novela está por fin rematada.

Un meu barco a piques de ser botado.

Que teña unha boa viaxe!




Comentarios (6) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 28-03-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Do peso dos nomes dos personaxes
Preguntoume Solange nun email de onde saían os nomes dos meus personaxes.

E vou intentar explicalo.

As humanas proporcións:
Hai unha variedade de nomes case paralela á variedade dos relatos.
A protagonista de "As lembranzas todas" non ten nome porque quere ser unha muller anónima que poida simbolizar a todas aquelas que sufren violencia e desprezo día tras día. O mesmo acontece co mozo de de "Son unha raia", coa parella de "Algarismos" ou cos nenos e os avós de "Na fraga". Todos eles pretenden ser símbolos de algo.
O protagonista de "Onde estás meu amor, Sangare" é tan real coma o argumento da historia que se narra. É o nome auténtico dun inmigrante africano de Mali aínda que a historia estrá retocada por motivos literarios.
Giovanna e Giovanni Arnolfini ("Non escoites a Giovanna") son personaxes históricos reais. Non o é fungo, o protagonista, que agacha o seu nome verdadeiro baixo un alias.
No que a "Lily" respecta asegúrovos que me levou moitos meses e moito traballo dar cos nomes de Guy Gazin, Jean-Pierre, Marie Louise e a propia Lily. Durante ese tempo traballei a historia con A, B, C, e D. Pero por fin atopeinos logo de moita procura. Quería nomes que levasen o luxo implícito.

Libro das alquimias:
Os dous protagonistas, neno e vello, deliberadamente agachan os seus nomes na procura dun anonimato que manteñen ao longo de toda a novela (e de toda a súa vida)
Os personaxes históricos, pola contra, teñen todos nome: Hypatia, Cirilo...

Shakespeare destilado:
Só ten nome o protagonista, Willy, e vén do nome de William Shakespeare.
Susanna chámase así pola filla do dramaturgo inglés e o resto dos personaxes carecen de nome.

Os nomes dese relato en construción que estou a escribir coa vosa axuda neste blog son símbolos do que hai detrás de cada un. Por certo, que vai acabar quedando moi ben aínda que está necesitado de tempo e traballo.
Seredes os primeiros en ver os resultados.

Adoro esta literatura de poucos nomes no que os personaxes secundarios son anónimos para buscar un meirande protagonisno dos princuipais. Se non damos nomes aos secundarios é coma se acendésemos un foco de teatro que alumea os principais e lles dá maior relevancia a ollos do lector. Non pensedes que resulta doado traballar con personaxes sen nome.

Hai unha novela magnífica de José Saramago que se titula Todos os nomes que vos recomendo de verdade, e na que só o protagonista ten nome e colecciona nomes de persoas.

Lédea porque paga a pena.
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 25-10-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0