Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS (e III)

ROMANCE DA LINGUA
Imos co primeiro proxecto do curso ir enchendo de contido este gráfico coa historia da nosa lingua dende o seu nacemento ata a actualidade.

Vai entrando nos seguintes enlaces que iremos activando día a día:

Comezamos: AS RAÍCES DA LINGUA.

- O NACEMENTO E ESPLENDOR DO GALEGO.

- OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO

- DO SÉCULO XX Á ACTUALIDADE

Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 23-09-2022 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS (II) AS RAÍCES DA HISTORIA DA LINGUA

Galicia entrou na historia grazas aos Romanos que viñeron á conquista deste territorio ao que denominaron GALLAECIA.

Pero Gallaecia é un nome de orixe céltica
imos saber que significa.

Cuestións: Despois de ver o seguinte vídeo responde:

1- Como sería orixinalmente a raíz do nome que logo dará o topónimo de Gallaecia?
Fíxate que significa a raíz kal- á que se suma o sufixo - aic-/ -aec:

2- Ademais procura saber por que o galego forma parte dun privilexiado 5% entre as linguas do mundo?



AS RAÍCES DA LINGUA

Gallaecia puído ser o primeiro nome co que se denominaron a si mesmos os habitantes desta Terra dos Castros. Fose este nome ou non o certo é que antes da chegada dos romanos aquí había unha cultura, a primeira civilización desta terra na que atopamos restos de distintas linguas.

Imos estudar brevemente os conceptos das Linguas de Substrato e das de Superestrato do galego, é dicir, as que se falaron antes do latín e as que se falaron despois do latín, pero antes de nacer o galego.

AS ORIXES

I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.

II- Antes do galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia, que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. A nosa lingua nai, o latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.

III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de superestrato de orixe xermánica.Tamén teremos un superestrato árabe de menor incidencia.

Para podelo sintetizar mellor bótalle un ollo ao seguinte esquema sobre as raíces da lingua galega.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 19-09-2022 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS

Coñeces un relato que se titula: Alicia no país das marabillas?

É un relato de Lewis Carroll, un pseudónimo, dun autor galés no que unha nena chamada Alicia vive unha serie de aventuras nun mundo descoñecido tras quedarse trasposta. Logo de espertar percibe que dalgún xeito dita experiencia no mundo dos soños con cantidade de interrogantes e situacións novas e marabillosas servíllonlle para medrar como persoa.

Como verás ao longo do curso imos tentar que sexas como Alicia e que dalgún xeito coñezas mellor ese mundo marabilloso que se chama Galicia. Para iso deberás atreverte a liberar os soños da gaiola. Deberás desprenderte algo da túa inocencia infantil e entender mellor os dobres sentidos, os xogos de palabras e as metáforas da vida. Terás que saber saír do tobo, o que pode significar un sombreiro, coñecer a pedantería do croquet e algunha que outra palabra nova e máis dun personaxe mitolóxico do qu enon tiñas nin idea, tentarás xogar aos naipes por aburrimento e nunca esquecer o que é un sorriso. Daquela aprenderás a ousadía de colocarte ante o espello.

Consultas: No seguinte enlace podes consultar e curiosear sobre algunhas palabras que aparecen no relato de LeWis Carroll: Alicia no país das marabillas

A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA FAINOS HUMANOS

Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade e idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.

CASTELAO, Sempre en Galiza

1- Por que cres que pode haber algúns homes que poidan sentir envexa das formigas?. Por que cres que esas persoas consideran un castigo o mito da Torre de Babel? Que sabes ti sobre este pasaxe da Biblia? Quererías ti que existise un idioma universal ou conformaríaste con saber idiomas?
2- Segundo Castelao, que caracteriza ao ser humano fronte ás restantes especies animais?

Outros dous textos coas súas cuestións:

COMO SEREN ORIXINAL NO UNIVERSO

O DEREITO A DEFENDER A NOSA CULTURA

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 08-09-2022 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0